in

Olivia y Eugenio

olivia y eugenio |

Un continuará

| Afonso Becerra de Becerreá |

Olivia y eugenio

 

Estamos ante o que se supón que vai ser a derradeira cea entre unha nai maior, á que lle diagnosticaron un cancro, e o seu fillo con síndrome de Down.

A obra de Herbert Morote funciona case como un falso diálogo trenzado polos monólogos de Olivia (Concha Velasco) e algunhas réplicas breves de Eugenio, interpretado por un actor con síndrome de Down, tal cal o personaxe. Por tanto, podería dicirse que, en vez de “interpretar” un personaxe, o actor con síndrome de Down o que fai é “actuar” seguindo as situacións propostas polo texto e a dirección.

Olivia y Eugenio mestura o efecto emocional derivado da temática, relacionada coa marxinalidade da vellez e da enfermidade da nai, á beira dun fillo dependente, co humor negro dos xogos que se establecen entrambos ou coa preparación dunha eutanasia que, ao final, tachán-tachán… non se cumpre, para rematar nun canto á vida.

A inxenuidade presentista do fillo acaba por contaxiar á nai e salvala da angustia por un futuro inminente que, no entanto, non deixa de ser unha hipótese, malia ao cancro e á vellez.


Publicidade

Semella que o autor quixera facer unha homenaxe a Eugene O’Neill no que atinxe a unha familia da que tan só quedan Olivia e Eugenio, e en cuxo pasado se nos vai revelando unha historia inzada de traumas: alcoholismo do pai, insatisfacción sexual do matrimonio, infidelidades, nacemento do fillo con síndrome de Down e o que iso supuxo no momento… Pero tamén semella unha homenaxe ás situacións delirantes e cómicas de Eugène Ionesco. De aí a cita que se fai dos dous dramaturgos no propio diálogo da obra.

Concha Velasco sabe moverse con desenvoltura e matizar para acadar efectos na recepción desde a tenrura ata o riso. E o dúo xera a adhesión empática do público.
Un drama con tendencia á novelización para resumir unha vida enteira xusto desde o momento crítico do final. Un final que, ao final, vai ser un continuará…

 

Olivia y Eugenio de Herbert Morote
Dirección: José Carlos Plaza
Elenco: Concha Velasco, Rodrigo Raimondi, Hugo Aritmendiz
Escenografía e iluminación: Francisco Leal
Deseño de vestiario: Lorenzo Caprile
Música orixinal: Mariano Díaz
Produción: Focus e Pentación

Teatro García Barbón de Vigo – Afundación Centro Cultural. 9 de outubro de 2014

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

distancia 7 minutos 2 |

Distancia siete minutos