in

A erregueté saca a rúa o seu número de verán

imaxergt91b cocc81pia |

A Revista Galega de Teatro dedica o seu apartado TEMAS á reflexión sobre Galicia Escena Pro, cita ineludible para os profesionais da produción, a distribución e a programación galegas.

O número 91 da erregueté inclúe o texto de AveLina Pérez Os cans non comprenden a Kandinsky, que poderá verse na próxima Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

 

Publicidade

imaxergt91b cocc81pia |

 

Co verán chega o segundo número de 2017 da Revista Galega de Teatro. Coa atención posta na última edición do Galicia Escena Pro, que se celebrou en Compostela do 12 ao 15 de xuño, a erregueté 91 quixo contribuír desde a sección TEMAS a reflexionar en conxunto sobre esta cita destacada das artes escénicas desde a mirada de diferentes profesionais da produción, a programación e a distribución.

De igual xeito, o segundo número do ano da Revista repasa tamén feitos relevantes da primavera como os Premios María Casares ou a décima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico e inclúe unha entrevista con Eduardo Alonso, gañador do Premio de Honra Marisa Soto deste ano e fundador de Teatro do Noroeste, que celebra o seu trinta aniversario.

Entre as seccións habituais da erregueté, podemos atopar un novo Pre-Texto do proxecto TRCDanza co que temos o pracer de colaborar (En Danza) ou descubrir o papel do teatro comunitario como estratexia para a creación de público nunha sala de teatro (Escena Aberta).

No apartado de creación, e dentro da aposta por difundir a dramaturxia contemporánea, a revista ten o pracer de presentar o texto Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez, que poderemos ver en escenarios como o da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que terá lugar do 30 ao 8 de xullo.

A erregueté tamén estará presente nesta Mostra: o venres 7 de xullo, ás 20.00 horas, presentaremos este número da revista na Capela do Hospital e organizaremos alí un diálogo aberto entre as últimas autoras editadas, AveLina Pérez (Os cans non comprenden a Kandinsky) e María Armesto (Winnie son eu). Esperamos contar coa vosa presenza nesta cita.

Grazas pola vosa atención!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

One Comment

Leave a Reply

    One Ping

    1. Pingback:

    Deixa unha resposta

    Avatar

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    goldilibre |

    Goldi libre

    honeyhori |

    Honey Rose