in

Vigo e Carballo entran na Red Española de Teatros

carballo |

A Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública aprobou este xoves 14 de decembro, durante a súa cuarta reunión anual, realizada nos Teatros del Canal de Madrid, a adhesión á entidade do Auditorio Municipal de Vigo e do Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo.

Coa súa incorporación, xa son doce as entidades galegas asociadas en La Red, na que están presentes o Teatro Rosalía de Castro, o Auditorio de Galicia, o Teatro Colón da Coruña, o Auditorio Municipal e o Pazo da Cultura de Narón, o Pazo da Cultura de Pontevedra, o Teatro Jofre de Ferrol e o Teatro Principal de Santiago de Compostela, así como a Rede de Teatros e Auditorios Galegos de AGADIC.

Remodelado en 2010, o Auditorio Municipal do Concello de Vigo ten capacidade para 281 prazas e reúne unha oferta estable durante todo o ano con artes escénicas, películas, xornadas e conferencias. O Pazo da Cultura de Carballo foi construído en 2002 e deseñado polo arquitecto Luís Collarte Rodríguez. Conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de actividades culturais, congresos e actividades formativas.


Publicidade

Xosé Paulo Rodríguez, presidente saínte de La Red, salientou a importancia destas adhesións e lembrou que a entidade fixou hai uns anos o obxectivo de acadar a cifra de 140 membros: “este obxectivo era esencial para lle garantir un maior grao de autonomía e independencia A Rede, pero tamén para seguir defendendo un modelo público da exhibición escénica. “Na actualidade”, recoñeceu, “somos 155 membros e estou seguro de que este número aumentará gradualmente”.

Ademais, Carlos Morán, director de Serantes Kultur Aretoa, órgano autónomo de cultura da cidade de Santurtzi, foi elixido por unanimidade como novo presidente da entidade, sucedendo así a Xosé Paulo Rodríguez, que ostentaba o cargo desde 2013.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

noroeste30anos |

Teatro do Noroeste remata a conmemoración do seu 30º aniversario

vader |

GUIdance 2018: Da historia dos corpos emerxe o futuro da danza