in

Pallasos en Rebeldía organiza unha gala solidaria en Compostela

festiclownpalestina |

O venres 28 ás 18.30 horas, o Teatro Principal de Compostela acollerá unha gala de humor solidario para financiar a quinta edición do Festiclown Palestina, “circo rebelde contra a ocupación”. Isabel Risco presentará unha gala chea de circo e música na que actuarán Píscore, Circo Chosco, Dani García, Raquel Veganzones, Jano Costas, Paco Nogueiras e Uxía.

O Festiclown Palestina é o primeiro festival de pallasos do mundo árabe, e celebrouse xa en catro ocasións cuns resultados moi positivos. Xa na súa primeira edición contou con 100.000 persoas e durante estas catro edicións pasaron por el artistas como Leo Bassi, Charango, Pepe Viyuela ou Patch Adams.

O único festival do mundo contra a ocupación despregou polos territorios palestinos actuacións de artes circenses, clown e risoterapia, enchendo as rúas, prazas, escolas… de esperanza, risa e fraternidade. Durante o Festiclown Palestina tamén se imparten obradoiros de Globoflexia, Teatro de Sombras, Audiovisual, Creación de Instrumentos de Percusión, Clown (Payaseando La Existencia), e se organizaron Actividades Sociopedagóxicas nos colexios.

Publicidade

A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras.

Pallasos en Rebeldía está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social, combaten culturalmente á beira das colectividades que fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo e apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta desde o universo do Clown. Fundouse no ano 2004 baixo o amparo do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia) e mantense activo grazas ao traballo de Culturactiva SCG, entidade profesional galega decana na xestión cultural socialmente comprometida.

A entrada solidaria custa 5 euros. Os que non poidan asistir pero estean interesados en facer posible o FESTICLOWN PALESTINA poderán participar a través da Fila cero: La Caixa ES13 2100 4333 1502 0005 4202

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

pumpum |

14ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense

RadiofonicoDC |

Marcos Abalde gaña o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico