in

Representacion do ‘Mal de moitos’ na Casa Museo Manuel María

toxos e froles1 |

Mal de moitos, sainete teatral escrito en 1915 por Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Hermida, preséntase este sábado 20 de xaneiro ás 20:00 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, polo Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol.

Pertencentes ás Irmandades da Fala de Ferrol e impulsores primeiros, entre outros, do teatro galego, Charlón e Sánchez foron, segundo Carvalho Calero, “dous artistas de Ferrol que disfrutaron dun tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos daban a coñecer así as súas pezas”. Xuntos compuxeron pezas como Mal de moitos e Trato a cegas.

Mal de moitos, dedicada ao coro Toxos e Froles, do que Charlón foi fundador, foi estreada no Teatro Jofre en 1915 e moi representada tanto en Galicia, até a Guerra Civil, como en América. A peza recrea o diálogo entre un vello e un mozo que volta á Terra despois duns meses na emigración. A súa volta non pasa desapercibida, xa que fala noutra lingua, viste de maneira rechamante e aparenta ser outra persoa.

A peza será introducida polo profesor e ensaísta, Francisco Rodríguez Sánchez, que falará do Teatro das Irmandades e dos autores desta obra ambientada na parroquia de Ferreira, no Concello de San Sadurniño.


Publicidade

A entrada é de balde.

 

Na foto, o coro Toxos e froles; Charlón está sentado no centro, mentres que Sánchez está deitado á dereita.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

valentino rufini 1 |

Presentada a programación semestral da Rede Galega de Salas

leonardoeosfontaneiros |

Tres montaxes teatrais para María Victoria Moreno