in

Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

CertameRVB |

A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. Neste sentido, dende a editorial Galaxia esta iniciativa súmase a unha aposta decididada pola dramaturxia galega da que dan conta os último títulos de teatro infantil publicados na colección Árbore ou o recente Na butaca, longo monólogo poético asinado pola actriz e directora Sther F. Carrodeguas.

Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega. As obras serán de temática e extensión libre e deberán prestar especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas, tendo en conta o publico ao que van dirixidas. O premio consistirá na publicación da obra por parte da Editorial Galaxia. O prazo para a recepción de orixinais estará aberto ata o 1 de abril de 2018 e o fallo darase a coñecer no mes de xuño.


Publicidade

Consulta as bases aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RED |

Concurso de teatro infantil convocado pola A. C. O Facho

glasscity1 |

Teatro do Noroeste, premio Adolfo Marsillach da ADE