Convocatoria para o Festival Vigo en Bruto 2018

O Festival Vigo Bruto nace en 2011 coa vocación de apoiar a compañías ou creadores emerxentes, galegos e de creación contemporánea.

 

O apoio do Festival Vigo en Bruto facilita:

  • Que cada compañía teña dous ou tres días de residencia artística e técnica (de 10:00 a 16:00), se así o require.
  • Teatro Ensalle ofrece asesoramento técnico se fose necesario.
  • Teatro Ensalle facilita a posibilidade de que a compañía, nestes días, poida levar a cabo a realización tanto do vídeo como das fotografías da peza, necesarias para a súa posterior distribución.
  • Tres días dentro da programación estable do Teatro Ensalle.
  • Difusión en medios de comunicación, redes sociais e web do Teatro Ensalle.
  • Asesoramento para a posterior distribución das pezas na medida das posibilidades do Teatro Ensalle e en función do resultado da experiencia.
  • Condicións económicas: 300 euros fixos ou 50% de billeteira nos casos en que este supere esa cantidade.

 

Requisitos

  • Dossier da peza ou, no caso de estrea, do proxecto artístico.
  • Curriculum dos participantes.
  • Fotografías. No caso de estrea, algunha fotografía dos ensaios.
  • No caso das pezas xa estreadas, un vídeo (e especificar en que lugares foron representadas); nas pezas non estreadas, video do proceso.

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 21 de febreiro ao 7 de marzo de 2018.

 

Presentación de solicitude

Vía correo electrónico a teatroensalle@teatroensalle.com

(indicando no asunto Propostas Festival Vigo en Bruto 2018)

Deixar unha resposta