in

Escena Galega amosa a súa preocupación pola escasa presenza das Artes Escénicas galegas en Lugo

AX Lugo7 |

A asociación celebrou o seu primeiro encontro do ano 2018 na cidade das murallas

 

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) celebrou na cidade de Lugo o primeiro dos Encontros Profesionais do ano 2018, que organiza periodicamente no marco das súas Asembleas Xerais, entendendo como fundamental a interlocución e debate entre as súas compañías e os distintos axentes implicados no sector das artes escénicas: programadores/as, institucións, festivais, etc.

A Universidade de Santiago / Campus Terra acolleu, en horario de mañá, a Asemblea Xeral da asociación, podendo ter ademais as compañías un pequeno encontro co Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo D. Javier Bueno. A maiores, convidouse ao secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, a expoñer e compartir cos nosos asociados/ as un proxecto no que dende a Casa-Museo están traballando sobre a obra dramática do autor, e que pode ser de especial interese para Escena Galega.

Publicidade

A asociación considera perentorio, ademais, establecer un diálogo e debate construtivo e propositivo sobre a situación das artes escénicas galegas na provincia de Lugo a nivel de promoción e programación por parte das institucións, que dende Escena Galega consideran absolutamente insuficientes, sen continuidade nin visión estratéxica a medio-longo prazo, máis se se compara esta situación coa actividade en prol do traballo das compañías galegas englobadas na asociación levado a cabo por outras deputacións provinciais, cidades e vilas galegas en forma de circuítos profesionais e redes de distribución e programación estable e continuada no tempo.

Con este obxectivo Escena Galega organizara ás 16.00 h. dese mesmo día un encontro coas representantes do Concello de Lugo Dª Mª Carmen Basadre Vázquez (Concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua) e da Deputación Provincial Dª Pilar García Porto (Deputada de Cultura, Patrimonio e Educación). Malia ter confirmado ambas a súa presenza e contar co seu compromiso incluso no día anterior á actividade, finalmente ningunha delas –segundo a asociación– asistiu, informando desta circunstancia no mesmo día da xuntanza.

Á actividade do martes 20 de febreiro na cidade de Lugo acudiron 15 compañías, das
cales 13 viñan de fóra da provincia: Baobab Teatro, BocAberta, ButacaZero, Caramuxo Teatro, Contraproducións, Chévere, Lucecús Teatro, Malasombra Producións, Matrioshka Teatro, Palimoco Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Teatro, Teatro del Andamio, Teatro do Noroeste e Urdime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carlossantiago |

O mundo da cultura asina un manifesto en solidariedade con Carlos Santiago

TanxarinaGaliñaPrem |

‘A Galiña Azul’ de Tanxarina, Mellor Espectáculo de Títeres en Feten 2018