in

Shakespeare en directo en cinemas

WintersTaleROH |

Esta semana poderán verse en cinemas dúas obras baseadas en obras de William Shakespeare en retransmisións en directo.

O martes 27 terá lugar a retransmisión dende o Gran Teatre del Liceu de Barcelona da ópera Roméo et Juliettte, de Charles Gounod. A historia de amor máis famosa da literatura convertida na máis fiel aproximación á traxedia orixinal de Shakespeare, grazas ao talento de Charles Gounod, un dos grandes representantes do drama lírico francés. Roméo et Juliette volve ao escenario do Gran Teatre do Liceu, tras 32 anos de ausencia, dirixida por Josep Pons, coprotagonizada por Saimir Pirgu e Aida Garifullina, en coproducción coa Ópera de Santa Fe.

A montaxe de Stephen Lawless sitúa a acción orixinal no contexto da Guerra Civil dos Estados Unidos (1861-1865). Os amantes viven nun marco mortuorio clásico, como unha prefiguración que inevitablemente condicionará o seu destino desde o inicio do seu namoramento.

Roméo e Juliette poderá verse nos cines Cantones da Coruña e no cine As Cancelas de Compostela.

 

Por outra banda, o mércores 28, ás 20:15 h, The Royal Ballet volve aos cines españois co Conto de inverno. O maxistral ballet baseado no drama de William Shakespeare chega en directo dende a Royal Opera House de Londres.

A adaptación da peza dirixida polo coreógrafo Christopher Wheeldon gañou o Critic’s Circle National Dance Award á Mellor Coreografia Clásica en 2014 e desprende a esencia da narrativa dramática do escritor inglés, seguindo unha viaxe de reconciliación a través dunha emocionante interpretación. As principais figuras do Royal Ballet, Edward Watson e Lauren Cuthberson, como o Rei Leontes e a súa esposa Hermione, encabezan o elenco de bailaríns xunto a  Sarah Lamb e Steven McRae, que interpretan a Perdita e Floritzel.

Conto de inverno narra a destrución dun matrimonio consumido polo celos, que os leva ao abandono dunha filla, e mesmo á morte e resurrección da esposa. Esta versión da última grande obra de Shakespeare, que foi aclamada tanto pola crítica como polo público, conta cunha ousada combinación da colorida escenografía de Bob Cowley, ambientada na Bohemia do século XVII, e a inhóspita atmosfera creada pola música de Joby Talbot.


Publicidade

Cines

  • A Coruña: Cine Cantones
  • Santiago de Compostela: Cines Compostela
  • Santiago de Compostela: Cinesa As Cancelas
  • Viveiro (Lugo): Cines Viveiro
  • Vigo (Pontevedra): Multicines Norte
  • Vigo (Pontevedra): Yelmo Vigo

 

 

Roméo et Juliette

Dirección musical: Josep Pons
Dirección de escena: Stephen Lawless
Escenografía e vestiario: Ashley Martin Davis
Iluminación: Mimi Jordan Sherin
Coreografía: Nicola Bowie
Dirección do coro: Conxita García

Juliette: Aida Garifullina
Stéphano: Tara Erraught
Gertrude: Susanne Resmark
Roméo: Saimir Pirgu
Tybalt: David Alegret
Benvolio: Beñat Egiarte
Mercutio: Gabriel Bermúdez
Pàris: Isaac Galán
Gregorio: Germán Olvera
Capulete: Ruben Amoretti
Frère Laurent Nicola Ulivieri
Duque de Verona: Stefano Palatchi

 

Conto de inverno. Ballet en un prólogo e tres actos.

Coreografía: Christopher Wheeldon
Música: Joby Talbot
Escenografía: Bob Crowley
Dirección musical: Alondra de la Parra
Orquestra: Orchestra of the Royal Opera House
Duración: 180 min. Incluíndo dous intermedios.

Rei Leontes: Edward Watson
Hermione: Lauren Cuthberson
Perdita: Sarah Lamb
Floritzel: Steven McRae

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MofaeBefaCranios |

Josito Porto substituirá a Evaristo Calvo en ‘Cranios privilexiados’

Aida |

‘Aida’ e ‘Norma’ no Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra