‘Aida’ e ‘Norma’ no Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra

O III Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra, celebrarase os días 9 e 22 de marzo na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2). Dúas obras conforman o cartel desta edición, que contará coa Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia. A primeira peza en ser representada será Aida, de Giuseppe Verdi, e clausurará este festival a obra Norma, de Vincenzo Bellini, a partir das 20.30 h en ambos os dous casos. Os abonos para os dous días xa se esgotaron pero as entradas soltas aínda se poden adquirir na web Ataquilla.com.

Aida, composta por Verdi no 1871, será a encargada de inaugurar o festival cunha posta en escena a cargo da Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia, que acompañarán á soprano Iaia Tso interpretando a Aida, a Simone Frediani no papel de Radamés, a Ana Maksudova como Amneris ou a Iuri Maimescu como faraón de Exipto, entre outros.

Norma, pola súa parte, contará coa soprano Mariana Ortiz no papel principal, e a Javier Agulló como Pollione.

Deixar unha resposta