Premio ‘A Pegada de MicroDramas’

A ESAD de Galicia, desde o seu Servizo de Dinamización Lingüística, desexa promover a creación dramática en galego, no formato do microdrama, contribuíndo así á recuperación do formato de radio-teatro en Galicia. Farao en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais. A entrega do premio terá lugar na data posta pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para a celebración do Día Mundial do Teatro 2018 no seu programa de actividades.

Prazo de admisión: Ata o día 23 de marzo de 2018.

Premio: 200 € + Lote de libros teatrais doados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

BASES

  1. Poderán participar todas as persoas interesadas no premio.
  2. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberan estar libres de todo compromiso editorial anterior.
  3. Os traballos adoptarán o formato de microdrama atendendo á súa posíbel posta en escena no formato microteatral. Estarán calculados para que a súa duración sexa de dez minutos como máximo e mínimo de cinco minutos.
  4. Non se admitirá máis de un texto por participante e de cada obra presentarase tres orixinais. O concurso rexerase polo sistema de plica. En sobre pechado as persoas que participen deberán facer constar o seu nome, apelidos, DNI, enderezo postal e número de teléfono. Os traballos faranse chegar á secretaría da ESAD de Galicia, sita en R/ Poza Cabalo s/n 36212 Vigo. Conservaranse durante un mes a partir da data en que se faga publica a resolución do xurado e despois destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores/as. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 23 de marzo de 2018.
  5. Os argumentos das obras serán de temática libre.
  6. O xurado estará integrado por profesorado da ESAD de Galicia. O xurado valorará especialmente, ademais da calidade dramática, o axeitamento das obras ao xénero microdramático, así coma a calidade da lingua galega empregada: corrección e/ou adecuación, riqueza, vitalidade e creatividade.
  7. As persoas premiadas e finalistas ceden á ESAD de Galicia os dereitos de comunicación pública, reprodución e distribución precisos para a posta en escena da obra.
  8. O xurado escollerá entre as obras presentadas un premio único dotado con 200 euros, aos que se engade un lote de libros teatrais doados a tal fin pola Axencia Galega das Industrias Culturais. O xurado poderá outorgar tamén ata un accésit dotado con outro lote de libros teatrais. O xurado reserva a facultade de declarar deserto o premio convocado.
  9. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
  10. O feito de concursar supón a aceptación destas bases.

 

Podes descargar as bases aquí.

Deixar unha resposta