in

Josi Lage estrea en Barcelona unha obra de Esther Carrodeguas

BarbarieCarrodeguas |

Josi Lage estrea mañá, 7 de marzo, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona a performance Barbarie en branco e negro. Fantasía nº 4 para La + G, con texto e dirección de Esther F. Carrodeguas, unha proposta para reflexionar sobre a sedución e a sexualidade en relación co poder, sobre o autoengano e sobre os prexuízos.

Barbarie en branco e negro, “pon ao público contra as cordas e obríganos a enfrontar as pantasmas que poboan o noso interior, xa que, como demostrou Shakespeare, o ben e o mal habitan en todos nós”.

Lage ten participado en montaxes de diversas compañías de teatro como Teatro do Atlántico (Unha primavera para Aldara) ou Teatro de Ningures (Atra Bile) e, na actualidade, é a directora do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA),

Publicidade

Carrodeguas, escritora, directora e actriz, recibiu diversos premios polo seu labor como dramaturga (entre os que destaca o Premio Abrente de Textos Teatrais) e estreou varias das súas obras nos últimos anos: Voaxa e carmín, Na butaca, #camiños… Membro xunto con Xavier Castiñeira e Ozkar Galán da compañía ButacaZero (onde actúa como actriz e dramaturga) dirixe dende o ano 2010 o Cadro Artístico Airiños, compañía de teatro en activo máis antiga de toda Galicia.

Esta estrea está co-organizada por Estudis Gallecs i Portuguesos (Universitat de Barcelona), o Mínor de Gallec (Universitat Autònoma de Barcelona) e ADHUC (Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat) dentro do ciclo “No només Rosalía de Castro”, en colaboración co Decanato de Filoloxía con motivo do 8 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

slide submarino2018 |

Xa á venda as entradas para o Festival Atlántica

PlanB |

Nova edición do Circus Arts Weekend en Guimarães