in

Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta, por Werewere-Liking Gnepo

DiaMarioneta2 |
Como cada ano ao vir marzo, chega a mensaxe para o Día Mundial da Marioneta que se celebra o día 21 deste mes. Este ano, Unima Internacional encargoullo a unha gran artista de África, a marfileño-camerunesa Werewere-Liking Gnepo. Velaquí o texto:

 

 


Publicidade

Unha Cabeza esculpida
Unha Cara pintada
Será humana?
Será animal?
Ou quizais vexetal?
Feita de raíces ou de follas secas
Será mineral?
Directamente esculpida na masa dunha pedra
Ou de arxila cun alto contido en metais
Ou só está feita de gomaespuma ou trapos …
É ou representa un ser querido
un antepasado ou un espírito tutelar
Pero podería ser unha figura votiva
unha máscara ou unha boneca
O que a identifica como marioneta
É a animación:
Levamos unha máscara ou unha boneca
Axitamos un fantoche
Unha marioneta …
Pois pode ser tamén un bastón
Un paraugas unha man ou un pé
Sempre que se poida animar
dar a ilusión de que ten unha vida autónoma
que ten ou é unha personalidade cun carácter
un proxecto, un obxectivo ou un destino,
unha vida que leva como todas as criaturas,
unha vida vencellada ao seu animador, o seu Creador:
unha vida dialéctica, ás veces patética
máis frecuentemente cómica e fantástica…
Non podemos interrogarnos sobre a marioneta
sen preguntarnos sobre a creación en xeral
e a creación da Vida en particular,
sobre todo, cando se trata da creación de seres vivos
e polo visto autónomos,
pero cuxa dependencia ou interdependencia
vai, ás veces, máis aló da simple animación
para converterse en pura Manipulación…
Non podemos interrogarnos sobre o Creador
e sobre esta especie de burla
que entraña estas obsesivas preguntas
sen que se nos impoña outra burla:
a da mirada dun neno en nós mesmos
e en cada un dos nosos espectadores.
Xa que é ela a que nos axuda a escapar
da desesperación e a impotencia
fronte ao incesante incremento da intolerancia e da violencia.
É absolutamente necesaria esa mirada de neno
para crer nestas figuriñas animadas,
nestes Ndjundju ou nestes Kakamu
nestes “Sogos Ba e os Sogos Denw”
ás veces tan finos e atractivos,
adoito tan estraños e horrorosos
que aterrorizan e fascinan
á súa vez, a quen lles importan
pero que cativan por completo
toda a nosa atención e a nosa dispoñibilidade,
ao crer na maxia e todas as súas posibilidades,
de cambiar o mundo e os seus costumes.
Aceptamos as marionetas,
escoitámolas contar sen falar,
admiramos os seus rostros e as súas bocas
tan marabillosamente imitadas e representadas.
Os nosos Guignoles sociais:
políticos, relixiosos,
homes e mulleres
ditos de poder ou de negocios
todos maioritariamente mafiosos
e tan terriblemente perversos
Emocionámonos ata as bágoas ao ver as marionetas revelalo todo
sen que as censuren nin as bombardeen
aquí tamén en África,
Son, fanse “Os bufóns do rei”
teñen un poder propio, teñen poder ser, un poder para ser
Teñen un don, un patrimonio
Son unha experiencia
De xeración en xeración
Son iniciación
Antes de ser Lúdicas
Son artes de épocas épicos
Onde a palabra que agora está demasiado vixiada
Necesita de escudos
Para protexer ás “viúvas e aos orfos”
Estes impulsos dos inventores e dos creadores…
Aseguran a liberdade de aspirar
A universos aínda por explorar
Onde as técnicas de fabricación
E sobre todo as de animación
Entran en competición
No mercado global da manipulación
(tanto xenética coma tecnolóxica)
E arrincan a súa cota de mercado
E tamén un lugar honroso e honorífico
Á medida dos seus propios méritos
As marionetas de África
veñen á praza pública
a revelar a súa historia atípica
feita de belezas e misterios
de soños e marabillas,
a legar a eternidade
da infancia pura.
No imaxinario da humanidade
e, nesta celebración mundial da marioneta de 2018
estou moi orgullosa e feliz por ser elixida
para transmitir esta mensaxe da Unión Internacional da Marioneta,
a favor desta forma artística da que aínda queda por
descubrir toda a riqueza deste patrimonio humano
para unha mellor conciencia da humanidade.
Prégolles aos que me confiaron esta nobre misión
reciban o meu recoñecemento e o meu respecto

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Eixos |

Eixos: Ciclo de Teatro de Marionetas de Portugal e Galiza, en Santa María da Feira

youtubeiras |

A Panadaría presentará a gala dos Premios Youtubeir@s