Berrobambán estrea ‘A carreta pantasma’ en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado, ás 20,00 h., a estrea de A carreta pantasma pola compañía Berrobambán, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 

Paula Carballeira protagoniza A carreta pantasma, un espectáculo de narración oral –que forma parte, así mesmo, da carteleira do Festival Singular en Feminino-, no que se afonda entre os límites da narración oral e o teatro.  A montaxe ofrece un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

O espectáculo fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atópanos sin saber onde ir, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo. 

A carreta pantasma está baseado no filme sueco do mesmo título estreado en 1921, dirixida por Víctor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura sobre unha crenza popular.

 

Deixar unha resposta