in

Convocado o Premi Born de Teatre

premiborn |

O Cercle Artístic, Sociedade Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, convoca el XLIII Premi Born de Teatre 2018.

O Premi Born é o único que prevé a publicación da obra gañadora nas catro linguas oficiais do Estado, sendo a erregueté | Revista Galega de Teatro a encargada de editar a versión galega dende o ano 2006. 

 

Publicidade

BASES

1. O CERCLE ARTÍSTIC convoca o XLIII PREMI Born de Teatro 2018. Os orixinais poden ser presentados por escrito en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma das Illas Baleares.

2. O premio, único, está dotado de 14.000 € e a edición do traballo nas catro linguas oficiais do estado español.

3. Os autores poden participar con tantas obras como desexen, sempre que non fosen publicadas ou representadas, e non fosen premiadas antes ou durante o proceso de selección e ata o momento do fallo do xurado. Non poderán presentarse os autores premiados nas últimas tres convocatorias.

4. Admitiranse traballos feitos en colaboración.

5. Presentarase un orixinal impreso, preferentemente a dobre cara, e unha copia en formato dixital, en PDF e co soporte físico dun CD ou un lapis de memoria, coa indicación “XLIII PREMI Born de Teatro  2018” na capa da obra, no CD ou lapis de memoria e no sobre. Dirixiranse a:

Secretaría do CERCLE ARTÍSTIC
XLIII PREMIO BORN DE TEATRE 2018
Plaça des Born, 19
07760 Ciutadella de Menorca
(Illes Balears)

6. Os autores presentarán as obras baixo lema ou pseudónimo. Os seus datos persoais (nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico) consignranse nunha plica pechada, indicando “XLIII PREMI Born de Teatro 2018”.

7. O prazo de admisión rematará o 9 de xuño de 2018. Para os traballos enviados por correo, contará a data do carimbo. O título da obra premiado farase público o 20 de outubro de 2018.

Publicidade

8. OCERCLE ARTÍSTIC nomeará oportunamente un xurado competente en cantas decisións tome de acordo con estas bases. O premio poderá ser declarado deserto a criterio do xurado.

9. O autor da obra premiada non pode introducir máis dun 5% de cambios no texto destinado á edición nas catro linguas oficiais do Estado español.

10. O autor comprométese a facer constar  de xeito visible a mención expresa de “XLIII PREMI BORN DE TEATRE 2018” en todas as montaxes (teatro, cine, televisión, etc.) e nas edicións que se leven a cabo da obra gañadora –e en carteis e anuncios, se procede–, e que esta mención terá que figurar igualmente de xeito destacado na publicidade que se faga por calquera medio.

11. O autor da obra gañadora cederá aoCERCLE ARTÍSTIC os dereitos de representación no caso de que así o solicite.

12. Os orixinais non premiados serán destruídos a partir da data da emisión do fallo, gardándose a copia en formato dixital para o arquivo do CERCLE ARTÍSTIC.

13. A presentación de orixinais ao XLIII PREMI BORN DE TEATRE 2018 supón a plena aceptación das bases. A entidade organizadora queda facultada para resolver calquera cuestión non prevista nestas bases.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

aldaolado |

Aldaolado lerán o Manifesto Galego do Teatro nos Premios María Casares

casadebonecas3 |

‘Casa de bonecas’ na Coruña