in

Convocado o Premio Teatro Autor Exprés 2018 da SGAE

|

A Fundación SGAE abriu unha nova liña editorial, a colección Teatro Autor Exprés, para apoiar a promoción e difusión dos textos teatrais obxecto de estrea. Trátase dunha colección non venal, cunha edición limitada a 250 exemplares, que lle serán entregados ao autor con motivo da estrea e distribuídos entre profesionais, críticos, académicos, etc. Nesta convocatoria seleccionaranse un máximo de 5 obras.

 

A convocatoria rexerase por estas bases.

Publicidade

Primeira: solicitantes

A Fundación SGAE estudará as solicitudes de edición presentadas por autores vivos membros de SGAE.

Segunda: requisitos das obras

As obras presentadas a esta convocatoria deben cumprir as seguintes condicións:

  1. Estar rexistradas na SGAE.
  2. As obras deben ser obxecto de estrea absoluta entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2017.
  3. Débense acreditar polo menos 10 representacións previstas da obra.
  4. As obras deben estar escritas nunha das linguas do Estado español-castelán, catalán, eúscaro, galego ou valenciano- ou en calquera outra lingua elixida polo autor. A lingua na que estea escrita a obra presentada á convocatoria non ten que coincidir necesariamente coa correspondente á da estrea, aínda que en ningún caso a tradución correrá a cargo da Fundación SGAE.
  5. Que a edición da obra non estea xa comprometida ou contratada cun editor e, se o estivese, que a citada edición sexa compatible coa edición que realice a Fundación SGAE por dispoñer o autor da titularidade dos dereitos necesarios para estes efectos.

Terceira: número de obras seleccionadas

A través desta convocatoria, seleccionaranse para a súa publicación na Colección Teatro Autor Exprés un máximo de 5 obras.

Cuarta: Contrato de edición

Os autores das obras seleccionadas comprométense a asinar coa Fundación SGAE o correspondente contrato de edición nos termos establecidos polo editor.

Quinta: características da edición

Publicidade
  1. As obras seleccionadas serán publicadas dentro da Colección Teatro Autor Exprés da Fundación SGAE.
  2. Trátase dunha edición non venal. Os exemplares non poderán ser obxecto de venda nin por parte dos autores correspondentes nin por parte da propia Fundación SGAE.
  3. Tirada: de cada título imprimiranse 250 exemplares, dos cales 150 enviaranse, con custos cubertos, ao autor correspondente. Os 100 exemplares restantes serán distribuídos pola Fundación SGAE entre profesionais do sector (produtores, académicos, editoriais, compañías, etc.), ademais de destinar algúns exemplares ás tarefas propias de difusión, promoción e arquivo da Fundación SGAE.
  4. Por demanda expresa dos autores seleccionados, a tirada podería superar as cifras mencionadas no punto 3 da cláusula terceira, pero os custos desa tirada suplementaria non poderían estar cubertos por esta convocatoria e, polo tanto, deberían estar cubertos polo autor que así o solicite.
  5. As obras serán publicadas na lingua na que foran presentadas na convocatoria ou, a petición do autor, traducidas ao castelán. Para isto debe ser o propio autor quen facilite á Fundación SGAE a tradución oportuna.
  6. A edición das obras seleccionadas nesta convocatoria para a súa publicación na Colección Teatro Autor Exprés non leva compromiso ningún de exclusividade, así as obras seleccionadas son susceptibles de ser publicadas por calquera outra editorial.
  7. A Fundación SGAE poderá ou non incorporar á súa Colección Teatro Autor as obras seleccionadas. Nese caso, as obras serán obxecto dun novo contrato editorial.
  8. Xunto á edición física, a Fundación SGAE preparará en formato dixital unha edición das obras seleccionadas nesta convocatoria, que serán de acceso público a través da páxina web da Fundación SGAE.
  9. O autor dunha obra seleccionada acepta que na súa edición venal figure, ademais da Fundación SGAE como editora, a colaboración de SGAE.

Sexta: documentación

As solicitudes deberán conter a seguinte documentación:

  1. Formulario de solicitude debidamente cumprimentado por vía telemática.
  2. Documento de identidade do solicitante.
  3. CV do solicitante.
  4. A obra completa en formato Word ou similar, sempre que sexa un formato editable.
  5. Documentación acreditativa da data da estrea absoluta e do compromiso de representacións.
  6. En caso de existir, contrato ou contratos de edición que subscribise o solicitante da obra que se presenta a estas axudas con outro editor ou editores.

Sétima: procedemento e resolución de solicitudes

  1. Un Comité de Avaliación encargarase de estudar e avaliar as solicitudes que cumpran os requisitos indicados nestas Bases.
  2. O Comité decidirá a selección das obras e a súa resolución será comunicada a todos os interesados por escrito.
  3. A resolución do Comité será inapelable.
  4. No suposto de resolución positiva por parte do Comité a documentación achegada pasará a formar parte inseparable do convenio que se subscribirá entre as partes.
  5. No suposto de resolución negativa por parte do Comité a documentación achegada será eliminada dos arquivos da Fundación SGAE no prazo de 15 días desde a comunicación dos seleccionados.

Oitava: presentación de solicitudes e prazo

  1. O formulario de solicitude estará dispoñible na web da Fundación SGAE www.fundacionsgae.org. Deberá usarse o formato electrónico do formulario, e será necesario encher todos os campos. A Fundación SGAE xustificará a recepción de todas as solicitudes. As solicitudes que non acheguen a documentación solicitada nestas Bases terán un prazo máximo de 15 días para a corrección desde a notificación correspondente.
  2. O prazo de presentación das solicitudes para esta convocatoria de 2017 iniciarase o luns 27 de marzo e manterase aberto ata as 24.00 do xoves 4 de maio. As solicitudes recibidas fóra do devandito prazo serán desestimadas.

Novena: formalización da colaboración

A Fundación SGAE e o solicitante cuxo proxecto fose aprobado subscribirán un convenio de colaboración específico que haberá de conter, necesariamente, as Bases establecidas neste documento.

Décima: Deber de confidencialidade e protección de datos persoais

Todos os datos persoais que as partes fornezan ao longo do proceso relativo a esta convocatoria teñen carácter confidencial e non poderán ser revelados a terceiros nin utilizados para fins distintos aos fixados, salvo as excepcións establecidas pola lexislación vixente.

Os datos de carácter persoal que voluntariamente facilite o solicitante incorporaranse nun ficheiro responsabilidade da Fundación SGAE, que será notificado ao Rexistro Xeral de Protección de Datos da AEPD. O titular do Dereito Fundamental á Protección de Datos
Persoais conta cos dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición. Para exercelos pode dirixirse por escrito a: Fundación SGAE, á atención do Director Xeral, rúa Bárbara de Bragança, 7, 28004 Madrid.

A Fundación SGAE presume que os datos facilitados polo afectado son veraces e responden á súa situación actual. O afectado obrígase a comunicar a súa modificación desde o momento en que se produza.

Undécima: normas xerais

  1. A presentación da solicitude por parte do solicitante implica a aceptación tácita deste das condicións e Bases establecidas neste documento e leva a autorización do solicitante para que a Fundación SGAE poida difundir información sobre a publicación das obras seleccionadas nas súas Memorias e demais publicacións.
  2. O solicitante exime á Fundación SGAE de calquera responsabilidade derivada de calquera transgresión da lexislación vixente en que puidese incorrer o solicitante respecto da autoría da obra e da súa representación.
  3. A Fundación SGAE non adquire, en virtude deste contrato, ningunha responsabilidade directa nin subsidiaria respecto da obra seleccionada distinta do exposto nestas bases.
  4. A lexislación aplicable a este documento é a española e as partes sométense expresamente á xurisdición dos Tribunais de Madrid capital, e renuncian ao foro que puidese corresponderlles.

Para máis información: [email protected]

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TestamentoOrfeo |

O CGAI proxecta ‘O testamento de Orfeo’ en homenaxe a María Casares

banner premios mc |

A TVG retransmitirá a gala dos María Casares