in

Comeza na Coruña o ciclo TRC Danza 2018

|

O ciclo TRC Danza contará este ano con 16 espectáculos e unha programación complementaria que “contribúe á aprendizaxe e difusión” desta disciplina artística.

 

Na programación do ciclo teñen cabida tanto expresións da danza non profesionais como de artistas da contorno, que programa en 14 días un total de 16 espectáculos, nos que participan sete compañías galegas. Trátase, segundo expuxo o director do teatro na presentación do ciclo que tivo lugar onte, de propostas variadas, nas que hai equilibrio de formato e de concepción do contido, xa que haberá performance, danza contemporánea, moderna, flamenca e española, neoclásica ou instalacións.

O primeiro dos espectáculos celebrarase o 21 de abril con 50 minutos de simulación programada, de Félix Fernández, seguiralle Now, de Lasalao día 28 deste mes e, na xornada seguinte, a celebración do Día Internacional da Danza, que terá un programa doble. “Abriranse as portas do teatro para que toda a cidadanía poida bailar”, indicou, o que se traduce en dúas sesións de práctica desta disciplina, unha aberta a familias e outra centrada en lindy hop e danza contemporánea para adultos. Durante o mes de maio será o turno de Método Negro, de Javier Martín, o día 12, Bailar en hombre, de Fernando López, programado para o 26 e Black Apple y los párpados sellados, de Losdeade, o 29.


Publicidade

Como noutras edicións, o ciclo estable TRC Danza fará un parón estival para retomar a actividade en setembro. Será o momento entón de Oasis Paraíso, o día 15, que recolle tres pezas dos traballos desenvoltos durante o programa de Residencias Paraíso de 2017. O mes de outubro estrearase coa función familiar Vuelos, de Aracaladanza, o día 6 e continúa con All Ways, da Compañía de Sharon Fridman, o 11, Pink Unicorns, de La Macana, o 20, e Directo 9, de Pisando Ovos, o mércores 31. Durante o mes de novembro realizarase o espectáculo 88 azucenas y un perro, de Cienfuegos Danza, o día 9, e o 1 de decembro, Ahora que no somos demasiado viejos todavía, Jesús Rubio Gamo. O ciclo remata con La desnudez, de Daniel Abreu, o 14 de decembro.

Ademais, o Teatro Rosalía de Castro acollerá actividades complementarias e programación expandida, coordinada por Caterina Varela. Entre o 11 e o 12 de abril terá lugar a 25 edición do Fiteuc Danza, no que participarán seis compañías das universidades galegas. O ciclo continúa a súa aposta “por articular mecanismos para que o público se poida relacionar con artistas convidados a través de encontros ou charlas”. Así, está prevista, entre outras actividades, unha conferencia de Félix Fernández e tamén unha conversación aberta ao público entre Fernández e o guionista Javier Trigales. Esta ano ponse en marcha tamén unha experiencia piloto con públicos dirixida pola artista e investigadora Sabela Mendoza.

As entradas terán tres tarifas con precios entre 12, 10 ou 8 euros, e a posibilidade de abono familiar para a función de Vuelos. Este ano ponse en marcha tamén o bono TRC Danza, co que se poden obter descontos progresivos segundo se vaia utilizando.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

estasai |

Redrum estrea a comedia ‘Estas aí?’ no Teatro Colón da Coruña

divinaspalabras |

O CDG estrea ‘Divinas Palabras Revolution’