in

O Concello do Grove celebra con teatro o mes do libro

contos |

O Concello do Grove xa ten preparada a súa programación para celebrar o Mes do Libro. As actividades previstas contan coa colaboración do Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia e PONTEGAL da Deputación de Pontevedra.

Este sábado, 14 de abril, ás 11.30 horas, comezará a programación na Biblioteca Municipal do Grove co Debulendo lendas… galegas a cargo de Tarabelos Teatro; un contacontos dirixido a público infantil a partir de 4 anos que adapta a técnica do Kamishibai facendo das ilustracións elementos para ver e tocar, manipular, vestir…

O seguinte sábado, 21 de abril, ás 11.30 horas, será a Axencia de Lectura de San Vicente a que acolla a actividade Chocolate a cargo de Teatro Calavera.

Coincidindo co Día do libro, o 23 de abril, a partir das 18.00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá un contacontos teatral titulado Avós de Trinketrinke Teatro.


Publicidade

O 28 de abril será a quenda dos máis novos da casa. Migallas teatro ofrecerá, tamén na Biblioteca Municipal, unha sesión do seu espectáculo Os contos do chupete, contos para bebés que integran a música en directo, a literatura infantil, a expresión dramática e a tradición oral.

Para todas estas actividades as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse a través do servizo de bibliotecas, por teléfono, correo electrónico ou Facebook.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

grandstand |

Taller de público(s) con Sabela Mendoza no TRC Danza

hollywood |

Obradoiro de danza contemporánea en Carballo