María Move estrea a versión escénica de ‘Toda a beleza do mundo’ en Carballo

A versión escénica de Toda a beleza do mundo, de María Move, estréase no Primavera enDanza de Carballo este sábado, 21 de abril de 2018. A obra é un solo de danza en formato de peza curta duns 25 min cuxa versión escénica durará 40 min. | Foto: Luís Martín Ruíz |

 

Toda a beleza do mundo é un solo de danza donde o son, a luz e o corpo viaxan a través do tempo. Un tempo sen tempo, onde o movemento expresa emocións, e crea imaxes, que guían ao espectador ás profundidades do seu propio ser interno. Unha viaxe suxerente que pasa polas danzas tradicionais e os ritmos do corpo percutindo a terra, misturando ese sentir coa danza contemporánea e a voz do intérprete e o seu canto. A voz que acompaña o movemento. “Toda a beleza..” xoga co tempo, o ritmo, as capas que se pegan e despegan do corpo, a velocidade, o abismo, o cambio.

Toda a beleza do mundo estreouse o día 1 de xullo de 2017 no Festival Vai de Baile de Ferrol e presentouse no Festival Herdanza de Compostela o 16 de setembro 2017 e en Cartografías en Movemento de Lugo o 29 de outubro 2017.

 

Coreografía e Dirección: Nuria Sotelo e Maria Move
Interpretación: Maria Move
Música: Maria Move (dir. Espazo sonoro, composición, voz en directo), Nuno dos Santos (Electrónica), Alexis Fernandez- Maca (Percusión), Guillermo Cortiñas (Grabación e realización)
Ollo externo: Damian Varela e Afonso Castro
Fotografía e video: Damian Varela (Miramemira)
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Marcia Edleditsch (Atelier Efímero)
Produción: Maria Move e Manu Lago
Agradecementos: Miramemira, Maria Blanco, Carmen, Betty Perez, Laura, Lena, Andrea Quintana, Gunnar Ellwanger, Tom Varela, Carlos Sante, Forukje Weeteling, Rut Balbís.

Trailer de Toda a beleza do mundo 

Deixar unha resposta