in

Os Quinquilláns celebran o Banquete de Conxo

|

A compañía Os Quinquilláns está a desenvolver unha serie de actividades arredor da celebración do Banquete de Conxo organizada polo Concello de Santiago.

Hoxe, sábado 21 ás 18:30, Os Quinquilláns e Títeres Alakrán escenificarán en formato de títeres: De Carral a Conxo, polos vieiros da liberdade, unha montaxe sobre a celebración do Banquete de Conxo, de carácter histórico e divulgativo, e destinada a todo tipo de públicos.

Mañá, domingo 22 de abril, a partir das 13:00, terá lugar un roteiro musical e teatral onde artesáns, estudantes, traballadoras, labregas e os protagonistas do Banquete (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro) irán da man desde a Praza do Toural ata Conxo pasando por toda a zona nova de Compostela e as principais rúas de Conxo. Este é un roteiro participativo e fundamentalmente musical.


Publicidade

Xa ás 14:00, celebrarase a escenificación do Banquete de Conxo pola compañía, coa participación dos protagonistas do Banquete e de todxs xs presentes.

Estas producións ad hoc da compañía para o Concello inciden na liña desenvolvida nos últimos anos: visitas teatralizadas e montaxes de carácter histórico onde o teatro está tamén ao servizo do coñecemento, da diversión e da participación da xente. 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NichtSchlafen |

Nicht schlafen

danza9 |

Mensaxe do Día Internacional da Danza 2018