in

XV Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico

|

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Deportes, Mocidade e Innovación, Pablo Rivera, e os magos Rafa e Teto, presentaron este luns, no patio central do Vello Cárcere, a XV Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico, que se celebrará do 6 ao 12 de maio.

Esta XV Semana Internacional de Maxia de Lugo oferta unha programación para públicos de todas as idades, e achegará unhas corenta actividades á cidadanía, estreando novos escenarios como a Porta Miñá. Nela participarán 19 magos e magas de todo o territorio nacional e internacional, de Francia, Venezuela, Alemaña ou Arxentina. Ademais, haberá maxia nos colexios.

O festival Lugo Máxico arrincará o domingo 6 cunha gala inaugural que terá lugar no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas. Trátase dun espectáculo familiar de ventriloquía único en España, Got Rock, baseado nun programa de televisión de música, onde o público será o encargado de decidir quen é o ou a mellor cantante.

Lugo Máxico contempla tamén outras dúas galas, que terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Unha unipersoal, o 11 de maio, co mago-músico zaragozano Pepín Banzo, a petición do público deste festival; e a Gran Gala Internacional, o 12 de maio, a partir das 21:00 horas.


Publicidade

O ilusionista Norbert Ferré, gañador, no ano 2003, do Congreso Internacional de Magos, presentará este último espectáculo que conta coa participación, por primeira vez, de 6 magos: Charlie Mag, que traballa en xiras por Estados Unidos e que ofrecerá “un espectáculo clásico cunha volta de tuerca”, en palabras do Mago Teto; Henry Evans, proclamado campión mundial de cartomaxia; Dani Polo, que dará a coñecer un número moi fresco –premiado no Congreso Nacional de Maxia– inspirado nas praias de Galicia; Huang Zheng, que chega dende China para facer unha representación onde vai combinar a danza ancestral oriental con toques flamencos, facendo maxia de grandes aparellos; Manolo Costa e Mindanguillo, cun número de maxia cómica, que serán unha das representacións nesta edición do Congreso Internacioanl de Maxia, e Katrin Weisensee, cun número sorpresa.

As entradas xa poden adquirirse en www.entradaslugo.es por un prezo de 10 ou 8 euros, dependendo da zona, ata 3 horas antes de cada función, así como no Centro de Interpretación da Muralla. Os mesmos días das galas tamén se poderán adquirir no propio auditorio dende 90 minutos antes do comezo do espectáculo.

Podedes descargar o programa completo aquí

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PaulaQuintasPlastic |

Paula Quintas estrea ‘Plastic’ en Ourense

sipudierahablardeesto |

Compostela celebra o Día Internacional da Danza