in

Conferencia sobre o teatro xaponés kabuki

kabuki |

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) organizan este xoves 3 unha conferencia sobre o teatro xaponés tradicional kabuki impartida polo escritor Javier Vives. A charla será ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito.

A conferencia comezará cunha introdución ao teatro kabuki mediante a exposición de fotografías e vídeos para, a continuación, explicar a súa historia, espazo escénico, teatralidade, música e maquillaxe. Ao final da charla, está prevista unha sesión de debate aberto entre o especialista convidado e o público.

O arquitecto Javier Vives Rego (Barcelona, 1948) realizou a súa primeira viaxe a Xapón no 1979 para coñecer os seus monumentos e edificios máis emblemáticos. Dende entón, compatibilizou a súa actividade profesional cos estudos sobre arte xaponesa. O seu interese pola cultura do país va moito máis alá da arquitectura e esténdese a todas as formas de expresión artística.

Publicidade

Ademais, Javier Vives é autor de El teatro japonés y las artes plásticas, un ensaio no que analiza a relación entre as formas teatrais clásicas de Xapón e outras expresións artísticas como a arquitectura, a pintura ou a escultura. Tamén é o autor de Historia e arte do xardín xaponés.

Esta conferencia está enmarcada na celebración do 150 aniversario das relación diplomáticas entre Xapón e España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

JAVIER MARTIN 15 recortada |

Grupo de acompañamento de ‘Método negro’ de Javier Martín

danzaUSC |

XVI Encontro Universitario de Danza da USC en Compostela