in

“A palabra en acción”; taller de palabra no CDG

TallerCDG |

O Centro Dramático Galego (CDG) ofrece o taller “A palabra en Acción” na súa sede, o Salón Teatro, do 4 ao 8 de xuño. Este taller será impartido por Vicente Fuentes e Rosa Moledo. O obradoiro ofrecerá ao actriz/actor unha serie de exercicios que lle permitirán un uso máis elocuente, eficaz e virtuoso do texto, traballando con elementos como a conexión entre o impulso e a respiración, a articulación e a entoación, os portadores de sentido, a visualización, as sensacións e os mecanismos de acción-reacción, tendo sempre a palabra como foco.

Partindo do traballo da palabra que vén desenvolvendo ao longo da súa traxectoria profesional en centros como a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Teatro de La Abadía e a RESAD de Madrid, Vicente Fuentes ofrecerá á actriz/actor unha serie de exercicios que lle permitirán un uso máis elocuente, eficaz e virtuoso do texto, traballando con elementos como a conexión entre o impulso e a respiración, a articulación e a entoación, os portadores de sentido, a visualización, as sensacións e os mecanismos de acción-reacción, tendo sempre a palabra como foco.

Este taller está polo tanto orientado a todas aquelas persoas interesadas en desenvolver unha meirande destreza no manexo da fala escénica.

Publicidade

Acompañará a Vicente Fuentes Rosa Moledo, en calidade de asesora lingüística para a lingua galega.

 

VICENTE FUENTES

Vicente Fuentes cursou estudos con Roy Hart (pasando a formar parte do Roy Hart International Center en Francia) e en Stratford con Cicely Berry (directora vocal da Royal Shakespeare Company). É doutor pola Universidade de Alcalá en Teoría, Historia e Práctica do Teatro; catedrático emérito de Voz e Linguaxe da RESAD, e asesor de Verso da Compañía Nacional de Teatro Clásico, onde tamén forma parte do laboratorio para a formación dos novos actores de La Joven.

Traduciu e adaptou ao castelán dous libros fundamentais da súa mestra Cicely Berry: La voz y el actor, publicado por Alba, e Texto en acción, xunto co equipo de Fuentes de la Voz, aparecido en Fundamentos. Desde 2013 combina os seus labores didácticos e de investigación co seu propio proxecto, o centro de estudos e investigación Fuentes de la Voz.

ROSA MOLEDO

Especialista en tradución audiovisual, ten no seu haber numerosos traballos tanto para televisión como para cine, entre os que destacan Fisterra, Sei quen es, A lingua das bolboretas, Lena, Os luns ao sol, O misterio Galíndez, 13 Badaladas, O lapis do carpinteiro, O ano da carracha, Abrígate, Agallas, Conexións, Cela 211, Engurras, O sexo dos anxos, A árbore magnética, Somos xente honrada, Os Fenómenos ou O noso último verán en Escocia. É tamén asesora e supervisora lingüística en numerosas sesión de dobraxe para televisión e cine, así como na rodaxe de diversos programas de entretemento e series televisivas, como é o caso de Fariña.

 

INFORMACIÓN ÚTIL:

Publicidade

Prazas
25 + ouvintes (prazas limitadas)
25 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas

Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34 15705 Santiago de Compostela
De 10.00 a 15.00 h

Total sesións e horas
5 sesións. Total 25 horas

Selección
Mediante C.V.
Os solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a [email protected] co asunto Taller CDG de Palabra.

Prezos
95 € para participantes
60 € para participantes membros da AAAG e da asociación de Artistas de Circo / estudantes / desempregados
45 € para ouvintes

Prazo de recepción de solicitudes
Do luns 7 ao domingo 13 de maio

Publicación da lista provisional de participantes
A partir do luns 21 de maio na web do CDG

Publicación da lista definitiva de participantes
A partir do luns 25 de maio na web do CDG Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na listaxe de espera.

 

 

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatrod1 |

XXII Semana de teatro escolar “Ben veñas, maio” en Pontevedra

school |

A Deputación da Coruña convoca 40 bolsas para investigación e estudos artísticos