Cursos de verán do Centro Coreográfico Galego

O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza una nova edición dos seus cursos de verán, que terán lugar na súa sede da Coruña en diferentes datas dos meses de xullo e agosto:
 
 
1. Danza clásica e paso a dous, con PINO ALOSA

Datas e horario
Do 16 ao 20 de xullo
Horario: de 10.00 a 12.00 h (técnica clásica) e de 12.00 a 14.00 h (puntas e técnica de paso a dous)

Inscricións
Do 7 de maio ao 9 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
70 euros
90 euros, este curso máis o de Danza Contemporánea de Danza Raz

PINO ALOSA
Director artístico adxunto e mestre repetidor da Compañía Nacional de Danza desde 2011, Pino Alosa comeza os seus estudos de ballet en Roma e continúa a súa formación internacional con destacados mestres. Como bailarín ten traballado varias técnicas: moderno, contemporáneo e, especialmente, clásico, actuando como solista e principal para varias compañías italianas e internacionais. Foi tamén partenaire de recoñecidas bailarinas, como Luciana Savignano, Oriella Dorella, Susanna Proja e Marzia Falcon.

En xuño de 1995 foi convidado por Charles Jude, estrela da Ópera de París, para impartir clases en Burdeos, comezando así unha longa e estreita colaboración artística. Así, entre 1996 e 2001 formou parte do Bordeaux Opera Ballet como mestre convidado. Así mesmo, ten traballado para outras destacadas compañías en Alemaña, Estados Unidos, Canadá, Dinamarca, Noruega, Suecia, China, Corea ou Brasil, entre outros destinos, ademais de en Italia, país ao que seguiu estreitamente vinculado.

Entre os recoñecemento que recibiu ao longo da súa traxectoria destacan o primeiro premio na competición de danza Dei Cavalieri (1984), mellor mestre novo do ano no Pesaro Danza (1995) e o premio Fermo Immagine pola súa longa e versátil carreira (1990).
 
 
2. Danza contemporánea, con Dana Araz

Datas e horario
Do 16 ao 20 de xullo
Horario: de 15.30 a 17.30 h (clase de técnica e taller coreográfico)

Inscricións
Do 7 de maio ao 9 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros
90 euros, este curso máis o de Danza Clásica e Paso a Dous de Pino Alosa

DANA RAZ
Bailarina e coreógrafa de orixe israelí, ten desenvolvido a meirande parte da súa carreira no seo da International Kibbutz Contemporary Dance Company (KCDC), con sede en Israel, e unha das compañías de danza contemporánea máis prestixiosas do mundo.

Tras o seu paso por diferentes formacións, en 2007 o galardoado coreógrafo Rami Be’er acolle a Dana Raz no seo da primeira compañía, onde axiña se converte nunha das súas principais bailarinas. Con esta formación, participa na posta en escena de sete novas coreografías, xirando ininterrompidamente durante seis anos, actuando en máis de 20 países e pisando algúns dos teatros e festivais máis prestixiosos do mundo.

En 2013, deixa a KCDC para continuar desenvolvendo os seus proxectos persoais e se traslada a España, onde reside na actualidade. Como coreógrafa ten dez obras estreadas, ademais de participar no proxecto internacional Estancias Coreográficas.
 
 
3. Danza clásica (nivel avanzado e medio), con Virginia Valero

Datas e horario
Do 23 ao 27 de xullo
Horario:
De 10.00 a 12.00 h (nivel avanzado)
De 12.15 a 14.00 h (nivel medio)

Inscricións
Do 7 de maio ao 16 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
Curso de Danza Clásica con Virginia Valero: 50 euros cada nivel
Curso de Danza Contemporánea con Mikel Aristegui: 50 euros
Dous cursos (mañá e tarde): 90 euros

VIRGINIA VALERO
Realiza os seus estudos de danza na Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid coa profesora Ana Lázaro, ampliando a súa formación coa mestra Carmen Roche. Compaxina o traballo profesional na danza cos seus estudos universitarios de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid.

Como intérprete, foi bailarina solista do Ballet Concerto, dirixido por Ana Lázaro (1972-1978) e bailarina solista do Ballet Anatol Yanowsky (1978-1983). Como docente, en 1980 ingresa como de profesora de Danza Clásica na Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid e en 1983 obtén a Cátedra de Ballet Clásico da Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid, é Directora do Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid de 1991 a 2006.

Na actualidade, é profesora de Danza Clásica na materia de Metodoloxía e didáctica da Danza Clásica no Conservatorio Superior de Danza “María de Ávila” de Madrid, onde tamén exerceu como directora. É membro do Consello Nacional das Artes Escénicas do Ministerio de Cultura, da Comisión Executiva do Consello Nacional das Artes Escénicas e do Consello Nacional da Danza dende a súa creación. Foi convidada como xurado en diferentes concursos nacionais e internacionais de Danza (A Habana 1995; Vignale, Italia, 1996; Riba Roja, Valencia 1997 e 2004; Zaragoza 1997 e 1998). Preside dende o seu inicio o Concurso de Danza Clásica da Cidade de Torrelavega, Santander (1995- 2006).
 
 
4. Danza contemporánea, con Mikel Aristegui

Datas e horario
Do 23 ao 27 de xullo
Horario: de 15.30 a 17.30 h

Inscricións
Do 7 de maio ao 16 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
Curso de Danza Contemporánea con Mikel Aristegui: 50 euros
Curso de Danza Clásica con Virginia Valero: 50 euros cada nivel
Dous cursos (mañá e tarde): 90 euros

MIKEL ARISTEGUI
Nado en San Sebastián en 1968, actualmente reside na localidade ourensá de Allariz.

Aristegui fórmase como bailarín na Folkwang Hochschule de Essen, Alemaña entre 1990 e 1994. A partir deste último ano, ten traballado como bailarín e coreógrafo independente creando as súas propias pezas e formando parte de producións independentes con Guilherme Botelho (Alias Cie), Kylie Walters, Benoit La Chambre, Fabianne Berger, Noemí Lapzeson, Rosella Fiumi, Caterina Inesi, Fearghus O’Conchuir, Fabrice Ramalingom, Sasha Waltz & Guest e Dv8 Physical Theater, entre outros.

Co director Pascal Magnin, creou e interpretou as pezas de vídeo/danza Reines d’un jour e Contrecoup. As súas máis de 30 creacións teñen sido presentadas en varios festivais en Europa e en Brasil. En 2009, puxo en marcha a primeira edición do Festival de Coreógrafos Vascos en Berlín, que repetiu en 2011.

Desde hai máis de 15 anos, desenvolve un constante traballo pedagóxico, que cubre varios campos, desde clases de danza para bailaríns en distintas universidades (Madrid, Costa Rica, Berlín) ata o labor en escolas con nenos/as e adolescentes e con persoas con síndrome de Down ou esclerose múltiple, pasando por academias independentes, actores, estudantes de deseño, de arquitectura ou de jazz.

Recentemente, asinou a coreografía para unha peza de Thomas Ostermeier no Schaubühne Am Lehninerplatz, en Berlín, así como outra para a ópera Orfeo & Eurydice, dirixida por Maelle Poesy e conducida por Iñaki Encina Oyón. Tamén creou a peza Neutrois ca compañía vasca DANTZAZ.
 
 
5. Danza clásica (nivel avanzado e medio), con Gonzalo Zaragoza

Datas e horario
Do 30 de xullo ao 3 de agosto
Horario:
De 10.00 a 12.00 h , nivel avanzado
De 12.15 a 14.00 h, nivel medio

Inscricións
Do 7 de maio ao 23 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
Curso de Danza Clásica con Gonzalo Zaragoza: 50 euros cada nivel
Curso de Danza Contemporánea con Ángela Rodríguez: 50 euros
Dous cursos (clásico e contemporáneo): 70 euros

Curso de comedia musical: 70 euros

Tres cursos (clásico, contemporáneo e comedia musical): 110 euros

GONZALO ZARAGOZA
Comeza os seus estudos de danza con Luís Fuentes e África Morris, sendo as mestras Carmen Roche, Lola de Ávila e Ana Baselga as que se ocupan da súa formación ata que inicia a súa traxectoria profesional.

Como bailarín, nos Ballets de Montecarlo e no London City Ballet, interpreta A fille mal gardéeCoppeliaGaite Parissiene ou Theme and Variations, entre outros. Gaña a medalla de prata no Prix Carpeaux’90 en Francia.

A súa carreira como docente lévao a traballar na escola de Carmen Roche durante nove anos e no ano 2002 ingresa no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas da Comunidade de Madrid, sendo profesor no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.

Dende o curso 2006-07 é o xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid María de Ávila, onde imparte Técnica Clásica e Metodoloxía Didáctica da Danza Clásica.
 
 
6. Danza contemporánea, con Ángela Rodríguez

Datas e horario
Do 30 de xullo ao 3 de agosto
Horario: de 12.15 a 14.30 h

Inscricións
Do 7 de maio ao 23 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
Curso de Danza Contemporánea con Ángela Rodríguez: 50 euros
Curso de Danza Clásica con Gonzalo Zaragoza: 50 euros cada nivel
Dous cursos (clásico e contemporáneo): 70 euros

Curso de comedia musical: 70 euros

Tres cursos (clásico, contemporáneo e comedia musical): 110 euros

ÁNGELA RODRÍGUEZ
Formada en varias escolas madrileñas, e membro da Cía. de Danza Carmen Senra entre 1988 e 1990.

En 1990 gaña o premio á mellor bailarina no Concurso Coreográfico de Madrid, grazas ao que cursa estudos no Nikolais / Louis Dance Lab. de Nova York. Ademais, o Ministerio de Cultura outórgalle dúas becas para finalizar os seus estudos no Alvin Ailey American Dance Center, tamén en Nova York.

Coreógrafa de Penélope Cruz na película Entre rojas e da obra Kirye, el nuevo europeo, entre 1988 e 2006 exerceu como mestra no estudio Carmen Senra e, na actualidade, é profesora no Conservatorio Superior de Danza María de Ávila, en Madrid, ademais de impartir cursiños en diferentes conservatorios y estudios de danza.
 
 
7. Comedia musical, con Víctor Ullate Roche (interpretación) e Ana Alcázar (danza jazz)

Datas e horario
Do 30 de xullo ao 3 de agosto
Horario: de 15.30 a 20.00 h

Inscricións
Do 7 de maio ao 23 de xullo, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
Curso de comedia musical: 70 euros

Curso de Danza Contemporánea con Ángela Rodríguez: 50 euros
Curso de Danza Clásica con Gonzalo Zaragoza: 50 euros cada nivel
Dous cursos (clásico e contemporáneo): 70 euros

Tres cursos (clásico, contemporáneo e comedia musical): 110 euros

VÍCTOR ULLATE ROCHE
Desde moi pequeno recibiu educación artística. Os seus pais, grandes profesionais do mundo da danza, ensináronlle a valorar as artes escénicas na súa totalidade, pero non é ata os 14 anos cando comeza a súa formación en danza clásica coa súa nai, Carmen Roche.

Despois de obter a titulación superior , entra a formar parte da escola RUDRA, de Maurice Bejárt, onde amplía os seus coñecementos en interpretación e canto. Aos 21 anos inicia a súa andaina laborar polos escenarios de todo o mundo en xiras nacionais e internacionais con compañías como a de teatro de Lindsay Kemp ou en numerosas producións de éxito no ámbito do teatro musical.

Ademais, vén compaxinando a súa faceta artística, que se estende tamén ao cinema e á televisión, coa dirección do Centro Superior de Artes Escénicas, na especialidade de teatro musical.

ANA ALCÁZAR
Fórmase en danza e ballet clásico, así como en jazz e musical, en diferentes escolas de Barcelona, no London Studio Center e con coreógrafos como Barry McNabb e Jet Walker.

Na súa traxectoria profesional, figuran unha decena de títulos de teatro musical, na meirande parte dos casos como actriz e bailarina, así como participacións en televisión e en espectáculos de teatro infantil como coreógrafa e directora.

Actualmente é profesora de jazz na escola de Billy Elliot e profesora de jazz musical no Madrid Dance Center, ademais de impartir talleres en Dinamarca.

Deixar unha resposta