in

Oitava edición do Festival Vigo en Bruto no Teatro Ensalle

Escribo @MANUESGON |

A oitava edición do Festival Vigo en Bruto celebrarase do 18 de maio ata o 10 de xuño. Organizado polo Teatro Ensalle, o festival presenta catro pezas de compañías de creación recente.

Do 18 ao 20 de maio, Diego M. Buceta, un dos membros da compañía Prácido Domingo, presenta As vacación máis longas, unha peza que o creador presenta así: “ Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse e desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo”.

Dende o 25 ata o 27 de maio será a quenda de José Vaquero e Samuel Merino con Mudar a pel. Con Dramaturxia e Dirección de Jose Vaquero sobre textos de Samuel Merino, a peza presenta un percorrido vital que vai dende a total inactividade ata o movemento incesante a través do amor como motor universal. Dende a ausencia á presenza. Dende a crenza á creatividade. Baixo a mirada atenta e alentadora da directora de escena Irene Moreira, cristalizou nunha peza de carácter intimista e cargada de verdade.

En xuño, do 1 ao 3, Incendiaria presentará Eila, un espectáculo que nace a partir de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo. Unha obra de arte anónima acorda nun almacén esquecido e que¬re coñecer a súa identidade: Quen é? A quen pertence? Cal é a súa memoria? Cal é a súa intimidade? Coa intención de ir alén do recital, Eila propón unha peza híbrida na que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de desvelar a memoria das voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos envolven.


Publicidade

Finalmente, do 8 ao 10 de xuño, Belabesta Teatro presentará Epiderme, unha peza que nace dun berro contra o paso do tempo, a cosificación da muller, o concepto clásico de maternidade e a violencia social. Un berro que quere explorar a escena a partir do movemento, a instalación, o son e a interpretación nestes tempos onde a agresividade imperante fíxonos esquecer o significado real da palabra dor. Da mestura de diferentes materiais textuais –propios e alleos– armarase unha dramaturxia fragmentaria próxima ao corpo e ás accións, á peza paisaxe e á súa heteroxeneidade de estilos, temáticas e técnicas expresivas.

 

Foto: Eila, de Incendiaria, por @MANUESGON

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LuisaVillalta2 |

Presentación da ‘Obra Dramática Completa’ de Luísa Villalta

DSC9617 2 |

Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018