in ,

Premio Fegatea para a ESAD Galicia

ESAD5 |

A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa quinta edición, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, pola súa continuada e destacada colaboración coa federación e co teatro amador en xeral
.
A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade.

Os anteriores gañadores deste galardón foron a erregueté | Revista galega de Teatro, Buxiganga –o programa pertencente á Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo–, a MIT de Ribadavia e Manuel Lourenzo

A entrega do premio terá lugar nun acto público, o sábado día 2 de xuño ás 22:30, en Lalín


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FugaseInterferencias |

Aberta a recepción de traballos para o Congreso sobre Performance Art ‘Fugas e Interferencias’

Titirircircus |

Tanxarina leva o seu Titiricircus á Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público de Almada