in

‘Río Bravo’ de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro

riobravo |

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron esta tardiña a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo.

Río Bravo, de Chévere, editada por Kalandraka, foi a obra gañadora na categoría de Teatro. Rio Bravo inaugurou a colección “Teatro” de Kalandraka, da que xa se editaron tres títulos: o premiado esta noite, Annus horribilis e outros musicais e Eroski Paraíso. Xesús Ron recolleu o premio en nome de toda a compañía e agradeceu a oportunidade de “aproximar a realidade dos escenarios e a literaria” e felicitouse pola inicativa, que presupón “que aínda se le teatro”.

Ana Romaní foi a vencedora na categoría de Xornalismo Cultural. A poeta, xornalista e académica agradeceu, ao recibir o premio, as numerosas mostras de apoio que recibiu do mundo da cultura a raíz do anuncio da desaparición do programa que dirixe na Radio Galega, o Diario Cultural. Cando comezou o programa, dixo, quería facer algo “que formase parte dun proxecto colectivo” e que fose “orgullo da cultura galega”. “Quero agradecervos a vosa complicidade, sempre fostes termando del”.


Publicidade

Isabel-Clara Simó, nomeada Escritora Galega Universal 2018, deu o seu discurso en catalán a petición do publico, e fixo unha longa referencia aos acontecementos recentes en Cataluña, estendéndose sobre os perigos que asexan á literatura en catalán por mor da aplicación do 155 . “As letras catalás están a ser afogadas pouco a pouco”, dixo, para acabar gabando o espírito lúdico e reivindicativo da cerimonia conducida por Isabel Risco.

Pódese consultar aquí a lista con todos os gañadores.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Titirircircus |

Tanxarina leva o seu Titiricircus á Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público de Almada

LUPPO 1 |

Sarabela Teatro, Baobab e Elefante Elegante, no Fazer a Festa 2018