in

Nova edición de Sete Falares en Pontevedra

setefalares |

Entre os días 7 e 10 de xuño, Pontevedra acolle unha nova edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias. O programa deste ano inclúe narradoras procedentes de Camerún, Portugal, Zamora e Galicia. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza da palabra como absolutas protagonistas.

Nos Sete Falares haberá dúos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade de Pontevedra. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), o Palco da Música na Alameda, o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos ou a Praza da Peregrina, serán algúns deles.

O xoves 7, Quico Cadaval encargarase da apertura do Festival, ás 20:00, na praza da Peregrina.

Sete Falares está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén haberá sesións dirixidas a público familiar. como a do venres 8, ás 18:00, co grupo de contacontontos Pavís Pavós. Ese mesmo día, ás 20:30, será a quenda de Sofia Maul (Portugal) e Boniface Ofogo (Camerún) no Teatro Principal. Pechará a xornada o trío composto por Susana Cecílio (Portugal), Quico Cadaval (Galiza) e Guti (Zamora), nas ruínas de San Domingos.


Publicidade

O sábado 9, o programa comezará no Palco da Música da Alameda con Boniface Ofogo (Camerún). Continuará con Susana Cecílio (Portugal) ás 19:00. E rematará cunha ruta en grupos de 60 persoas, que percorrerán a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitan historias de Susana Cecílio, Sofia Maul, Boniface Ofogo, Guti, e Quico Cadaval. Haberá catro quendas con saída dende o Teatro Principal ás 22.00h, 22.20h,22.40 h e 23.00 h.

O domingo 10 haberá actuacións de Sofía Maul (ás 12:30), Guti (ás 19:00), para rematar coa gala de clausura na que se escoitarán historias de Pavís Pavós, Sofía Maul, Susana Cecilio, Boniface Ofogo, Guti e Quico Cadaval, co acompañamento musical de Nuri.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

carpediem |

‘Carpe diem’: ensaio aberto de Producións Teatrais Excéntricas en Compostela

Casquería |

Xerpo Cultural estrea ‘Casquería e outras vísceras’ en Vigo