in

A Panadaría recibe hoxe o XIV Premio Marcela e Elisa

PremiosMarcela |

A Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual A.L.A.S. A Coruña concede o Premio Marcela e Elisa á compañía de teatro A Panadaría, por ter sido capaces de espertar o aplauso de crítica e público co seu espectáculo teatral, Elisa e Marcela – Historia que parece conto. Segundo a asociación, “esta peza teatral reivindica afectos, sentimentos e sexualidades afastadas das normas do heteropatriarcado”.

A entrega do premio terá lugar na sala NO IMPORTA da Coruña e será presentada pola xornalista coruñesa Loreto Silvoso, vicepresidenta segunda da Asociación de Prensa da Coruña e redactora de Radio Voz e con música a cargo do grupo Miss Lane & the Kryptonians. A entrada será libre e gratuíta.


Publicidade

Elisa e Marcela recibiu os premios ao mellor espectáculo, á mellor dirección, á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal na última edición dos Premios María Casares e foi galardoada no I Concurso de Ideas Luísa Villalta convocados pola Deputación da Coruña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

cabezadodragocc81n |

Unha función especial de ‘A cabeza do dragón’ con música en directo

teatroinclusivo eventoweb wide |

Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018