in

A Deputación de Ourense premia obras de teatro infantil sobre o cambio climático

PazoProvincialOurense |

A Deputación de Ourense organiza o concurso “Que efectos ten o cambio climático no teu municipio?”, unha iniciativa cuxo obxectivo é sensibilizar á poboación infantil sobre a necesidade de protexer e preservar o medio ambiente, e promover actividades divulgativas sobre o cambio climático. Con esta finalidade convocouse este certame, ao que concorren centros educativos da provincia de Ourense, que terá o vindeiro luns no Teatro Principal o acto no que se entregarán os premios e se representarán as obras gañadoras.

O concurso está dirixido aos alumnos dos colexios localizados en concellos integrados na Rede de municipios ourensáns cara a sostibilidade: A Gudiña, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Baltar, Trasmiras, Sarreaus, Xinzo de Limia, Porqueira, Sandiás, Rairiz de Veiga, Verea, A Bola, Celanova, Ramirás, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontedeva, Cartelle e A Merca. Xira en torno á problemática ligada ao cambio climático e á importancia de lograr un desenvolvemento local sostible: vagas de calor, quecemento global, secas, redución dos cultivos, inundacións, eficiencia enerxética, mobilidade, perda de biodiversidade, incendios e contaminación dos ríos, preguntándolle aos escolares: “Cales destes efectos estanse a dar no teu municipio?”, e “tes algunha idea para evitalos?”.


Publicidade

O concurso, no que participan nenos de 6 a 8 anos, consiste na presentación dunha obra de teatro sobre o cambio climático e o desenvolvemento local sostible, cunha duración de entre 15 e 20 minutos. Con motivo da conmemoración do día Mundial do Medio Ambiente, a Deputación de Ourense entrega estes premios, que teñen dúas categorías: “Premio á mellor obra de teatro”, que consiste na estancia dun día completo na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda para a clase gañadora, desenvolvendo actividades deportivas e de lecer; e un premio ao “Mellor colexio participante”, galardón que ascende a 1.000 € para material escolar.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

cartelXTorres |

Homenaxe teatral a Xohana Torres con ‘Un hotel de primeira sobre o río’

Valdeorras |

Nacen en Valdeorras os Encontros de Teatro Internacional Paco González