Comeza o circuíto de teatro amador Buxiganga da Deputación de Lugo

Buxiganga ofrece, dende os meses de xuño a novembro, 109 actuacións de grupos teatrais en 50 concellos da provincia. Trátase da iniciativa posta en marcha pola Deputación Provincial de Lugo para dinamizar a actividade cultural nos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses. Este ano xa celebra a 10ª Edición e conta cun orzamento de 70.000 euros.

Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 50 concellos que acollerán as actuacións de 40 grupos de teatro amador da provincia.

Participarán 40 grupos de teatro da provincia con 400 actores afeccionados:

  • ALFOZ; Grupo Humorístico Trípode A panxoliña máis fermosa
  • ANTAS DE ULLA; Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal A farsa do Bululú
  • BARALLA; A Rabela Teatro As consultas do Doutor Baldomero Bautista
  • BARREIROS; Colectivo Cultural Ollomao Enciclopedia Álvarez
  • BURELA; O Torques Donde as dan as toman
  • CASTRO DE REI; Os Baluros Menciñeiro á forza, e Os Trocos Farsa plautina
  • CERVO; A Mariña Eres único: teatro contra o bullying; Ardora Amor filial; O Bordelo Depende
  • CHANTADA; Argalleiras Teatro Comedia bífida; Centro Teatral Faro-Miño Langreira de amor; Sacarina Madialeva
  • FOZ; A Adala Elixir de xuventude; A Adala Infantil Mamasiña que medo!; Axóuxeres Non casei con todos; O Batán Bicos de vinagre; O Centiño Zume de amorodios; Pico do Castro Matías está tolo
  • GUITIRIZ; Torta de Millo Innoveitin… ou algo
  • LUGO; Achádego Teatro Balas sobre Broadway; Curuxan Improdecente; Grupo de Teatro Down Soño dunha noite de verán; Hipócrita Teatro Hotel Desencanto; Nostrum Cai ROMANI ITE DOMUM; Nova Escena Teatro As fillas de Eva; Os Palimoquiños Borralliña; Os Pinchacarneiros A ola de ouro; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde O parto de Calandrino, Ti e máis Eu Teatro A troita do rio…
  • MONFORTE; Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino Os intereses creados; Teatreir@s Cumprimento de contrato
  • MONTERROSO; A Peneda A cea dos idiotas; Escola de Teatro Falcatrueiros As monxas e a María
  • PALAS DE REI; Alentía Teatro Manancial de fantasía; Metátese Teatro O Euromillón
  • POL; Unidade do Zono Tren a Nápoles
  • PONTENOVA; Lume Escénico Hotel Rosamar
  • RIBAS DE SIL; Grupo de Teatro Augas do Sil Un día nas portas do ceo
  • SARRIA; Rebuldeira Teatro Delicadas

Deixar unha resposta