in ,

A Mostra de Cariño presenta a súa 40ª edición

Cariño2018 |
Natalia Outeiro “Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere entre as propostas do programa da Mostra, que se desenvolverá do 11 ao 17 de agosto.

 

A Mostra de Teatro Galego de Cariño anunciou esta mañá na Coruña a programación que desenvolverá do 11 ao 17 de agosto para conmemorar os seus 40 anos de traxectoria, celebración que confirma este encontro como decano na difusión dos espectáculos producidos en Galicia.

O programa ficará dividido en catro apartados diferentes, contando con seis espectáculos que se desenvolverán na rúa; diferentes actuacións de programación infantil que terán lugar en horario de mañá; ou cinco funcións nocturnas que se darán lugar entre os días 13 ao 17. Respecto deste último apartado, Miranda explicou que as actuación de noite acollerán unha das novidades desta cuadraxésima edición, pois, por primeira vez, será o público quen se encargue de premiar a mellor función do ano.

Publicidade

Entre as propostas desta edició atopanse as propostas teatrais e circenses de 10 compañías galegas (Natalia Outeiro “Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere), dúas portuguesas (Partículas Elementares e Godot), unha de Castela e León (Cirk About It), unha vasca (Shakti Olaizola) e unha belga (Okidok), ademais de dous concertos (Ukestra do Medio e María Fumaça) e un obradoiro de circo para toda a familia.

Ademais, a LX Mostra de Teatro Galego de Cariño tamén contará con diversas actividades paralelas, entre as que se inclúen obradoiros, charlas coas compañías, concertos ou unha xornada de traballo a cargo da asociación profesional de artes escénicas Escena galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XaropeTulu |

Atenea García, de Xarope Tulú: “En Nómades tentamos definir moldes para logo cuestionalos”

Mendoza2 |

Mendoza