Semana de teatro para familias en Pontevedra

A partir de hoxe, chega a Pontevedra un ciclo de seis actuacións de música, maxia e teatro para público familiar, dentro da programación do programa Cultura non  Camiño, que promove a Xunta de Galicia.

A praza do Teucro será o escenario de seis espectáculos, que terán lugar de luns a sábado, ás 19:30. O ciclo comeza este luns día 9 co espectáculo Bon appétit, da compañía Ghazafelhos, unha proposta de teatro xestual con monicreques e música.

O martes 10 terá lugar o concerto do grupo Trotaventos, que ofrece en directo os temas do seu libro-disco A fiestra dos soños.

O mércores 11, Culturactiva presentará Saaabor!, unha proposta cómica para todos os públicos que mestura música, maxia e humor. A maxia será a protagonista o xoves 13 de xuño da man de Barafunda Teatro.

Por último, na fin de semana será a quenda de Expresión Producións co espectáculo teatral Limpiadores, o venres 13, e de Baobab Teatro coa montaxe de monicreques Baila, Roque, Baila o sábado 14.

Cultura no camiño ten como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional.

Deixar unha resposta