Rolda Internacional: 16 / 07 / 2018

 

Ivo van Hove e Anne Teresa De Keersmaeker colaborarán nunha nova versión de West Side Story para “traer a historia ao século XXI”. A estrea está prevista en Broadway, en decembro de 2019.

Ainda que polo de agora se coñecen poucos detalles, o elemento máis audaz consiste no afastamento completo da coreografía orixinal de Jerome Robbins. Van Hove partirá de cero cun novo enfoque físico, colaborando por primeira vez coa súa compatriota belga Anne Teresa De Keersmaeker, a celebrada coreógrafa de danza contemporánea.

De Keersmaeker explicou que o seu proxecto para West Side Story seguirá sendo tan intenso como a do o espectáculo coñecido. “Considero que Leonard Bernstein non só é un dos compositores americanos máis importantes, senón tamén un dos principais compositores do século XX”, declarou. “A forma en que Bernstein, en West Side Story, combina teatro con música, especialmente música de baile, crea un dispositivo brillante para contar a historia a través da danza. O desafío será ofrecer unha nova lectura”.

Máis información no Hollywood Reporter


 

O Festival Internacional de Jazz de Montreal cancelou a produción de Slav, de Robert Lepage [na foto], unha “odisea teatral baseada en cancións de escravos”, tras as protestas sobre un elenco maioritariamente branco que interpretaba escravos negros. A reacción provocada pola produción foi visceral e rapidamente se espallou a pregunta de por que Lepage non se molestou en contratar máis actores e cantantes negros e a acusación de apropiación cultural.

Lepage, un director bilingüe francés canadense, adoita enfrontar no seu traballo interrogantes sobre identidades minoritarias. Tamén axudou a poñer Quebec no mapa internacional, creando o ciclo Ring para a Metropolitan Opera e para o Cirque du Soleil.

As protestas resultaron demasiado agres para o festival, que cancelou o espectáculo despois de só dúas funcións. Vendera máis de 8.000 entradas e estaba programada para 16 días. O festival dixo que se vira abraiado pola intensidade da resposta. “Queremos pedir desculpas a aqueles que foron feridos”, dixo nun comunicado. “En absoluto foi a nosa intención”.

Nun comunicado, Robert Lepage denuncia o “lamentable discurso da intolerancia” e fala dun “golpe severo á liberdade de expresión artística”. Lepage dixo que o espectáculo aínda estaría en cartel se a decisión dependese del, aínda que recoñece, no entanto, que “cada novo espectáculo ten os seus erros, fracasos e malas decisións”, pero que segundo el, o teatro é unha arte en evolución, particularmente en contacto co público, e que é posible “corrixir o tiro no curso das presentacións “.

Máis información no Guardian


 

Pouco máis dun ano despois de converterse na directora do Tanztheater Wuppertal, Adolphe Binder foi despedida tras unha reunión especial do consello consultivo da compañía o pasado venres 13. Nun comunicado, o consello declarou que a decisión “se fixo lamentablemente necesaria para restaurar a capacidade desta institución cultural única de operar a plena capacidade”. Non se ofreceu máis explicación.

O Tanztheater Wuppertal, dirixido pola coreógrafa Pina Bausch ata a súa morte en 2009, continuou representando as obras de Bausch en todo o mundo. En maio e xuño, a compañía realizou novas obras do coreógrafo grego Dimitris Papaioannou e o coreógrafo noruego Alan Lucien Oyen – as primeiras pezas creadas para a compañía desde a morte de Bausch. Ambos recibiron críticas en xeral positivas.

Máis información en Die Zeit


 

O 5 de outubro, o Holburne Museum de Bath inaugura unha exposición sobre a relación entre o pintor Thomas Gainsborough e o teatro. Reunindo algúns dos mellores retratos de Gainsborough de actores e actrices, directores, músicos, dramaturgos, diseñadores, bailaríns e críticos da década de 1760, esta exposición explorará temas como a celebridade, o naturalismo, a actuación e a amizade.

Gainsborough e o Teatro incluirá 37 obxectos, incluíndo 15 retratos ao óleo do artista, traballos en papel (incluíndo caricaturas, vistas de teatros e programas) e documentos procedentes de coleccións públicas e privadas de todo o Reino Unido.

Esta época, na que Gainsborough chega ao oeste do país coincidiu coa crecente riqueza e status social dos principais actores, como James Quin e David Garrick, aos retratou. A súa amizade con ambos abriulle portas, tanto en Bath como despois en Londres. Os dous actores tamén lle permitiron a Gainsborough explorar o naturalismo en retratos, nun momento en que se impuñan formas menos artificiais ca as anteriores na interpretación no teatro, a música e a danza.

Máis información no web do Holburne Museum


 

Pódese bailar a poesía? Pam Tanowitz acaba de estrear unha coreografía baseada nos Catro Cuartetos de T.S. Eliot.

Four Quartets, dirixida e coreografada por Tanowitz, tivo a súa estrea o pasado día 6 no Richard B. Fisher Center for Performing Arts de Bard. Trátase dun esforzo colectivo impresionante e ambicioso con música do compositor finlandés Kaija Saariaho e a actriz Kathleen Chalfant recitando o poema completo.

Máis información no New York Times


 

Foto: Slav de Robert Lepage (© Facebook / Ex Machina / Elias Djemil)

Deixar unha resposta