in ,

Comenzan en Cervo as XVIII Veladas no Souto

PrazaDoSoutoCervo |

Hoxe comenzan en Cervo as Veladas no Souto, as xornadas de teatro amador que organiza o grupo O Bordelo e que este ano chegan á súa decimoitava edición. As actuacións adoitan encher a Praza do Souto e son de entrada libre.

Esta noite, abrirán as veladas o grupo Andanzas, de Viveiro, coa obra de Miguel Mihura Las entretenidas, dirixida por Mercedes del Pozo e Paco Olivares.

Mañá venres 3, o grupo de teatro Pico de Faro, da Roda (Asturias), porá en escena Outros tempos, de Manuel García Galano.

Publicidade

O sábado 4 será a quenda do grupo Os Baluros, de Castro de Rei, que levarán a Cervo O menciñeiro á forza de Xosé Manuel Carballo, dirixida por Samarita Canto.

Finalmente, o domingo 5, o propio grupo organizador, O Bordelo, poñerá o ramo con Depende, de Francisco Piñeiro González, dirixida polo autor.

Todas as funcións son as 21:30.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MabelRiberaCangas |10

Galería: Premios en xullo

MusasAnónimas |

Microteatro no Grove a cargo de Musas Anónimas