in ,

Premio Mácara para Chévere na XIX Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei

ChevereMacara |
A nova edición da Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei comezará o 23 de agosto e rematará o 2 de setembro. Participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Nesta edición, entregaráselle o XVIII Premio Mácara á compañía Chévere.

 

Todas as funcións serán ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei, agás as que se presentarán en Santo Xusto o sábado, 25 de agosto e o domingo 26, que serán ás seis e media da tarde. A do venres, 1 de setembro, de Soledad Felloza, será ás 20.00 horas e escenificarase na aldea de Albá. O espectáculo Son d’aldea realizarase en Albá, Santo Xusto, Vilafofe, Gontá e Gundía, o sábado día 1 de setembro, dende as dez da mañá ata as dúas do mediodía.

O sábado, 1 de setembro, durante a xornada de Son d’aldea entregarase o XVIII Premio Mácara á compañía Chévere pola súa traxectoria nos escenarios e o seu apoio ao teatro amador e de rúa. O XIII Premio Careón será entregado ao escritor Carlos Callón, en recoñecemento polo seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega. Ademais, nesta edición entregarase o I Premio “Garabato” á Conservación do Patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1000 euros e plica, a unha persoa e a unha entidade, que se distinguen pola súa labor de defensa do patrimonio cultural do rural.

Publicidade

O programa desta edición queda como segue:

XOVES, 23 DE AGOSTO
GRUPO: Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Un planeta literario máxico.

VENRES, 24 DE AGOSTO
GRUPO: Pedro Brandariz.
OBRA: Profundizando na Galiza profunda.

SÁBADO, 25 DE AGOSTO
No campo da festa de Santo Xusto:
GRUPO: Alentía Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: Nas mans dos contos. 

Na Casa de Cultura de Palas de Rei:
GRUPO:Teatro Ateneo, de Pozuelo.
OBRA: La tortuga de Darwin.

DOMINGO, 26 DE AGOSTO.
No campo da festa de Santo Xusto:
GRUPO: Iara Teatro, de Cabanas de Bergantiños.
OBRA: Aprendices de pallaso.

Na Casa de Cultura de Palas de Rei:
GRUPO: Metátese Teatro, de Palas de Rei.
OBRA: Fíos! 

MÉRCORES, 29 DE AGOSTO
GRUPO: Caxigos Teatro, de Curtis.
OBRA: Os supergaleguistas. 

XOVES, 30 DE AGOSTO
GRUPO: Debullando Teatro, de Negreira.
OBRA: E ti de quen vés sendo? 

Publicidade

VENRES, 31 DE AGOSTO
GRUPO: Soledad Felloza.
OBRA: Xeografía do imaxinario.
(Esta actuación será en Albá con motivo da VIII edición de Son d’aldea).

SÁBADO, 01 SETEMBRO
Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 10:00.
GRUPO: Son d’aldea
OBRA: As novas na Aldea (Creación colectiva dirixida por Metátese Teatro).

DOMINGO, 02 DE SETEMBRO
GRUPO: Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla.
OBRA: A farsa do bululú.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solodos024 |

Sólodos en Danza Ourense abre o prazo para a presentación de propostas

HakunaMatata |

O Titirideza volve a Lalín