in

Algures a Nordeste: danza contemporánea portuguesa en Vila Real e Bragança

sealgumavezCaldeira2 |

A segunda edición do festival de danza contemporánea de Trás-os-Montes, organizada polos teatros de Vila Real e de Bragança co apoio do Norte 2020, celebrarase do 8 ao 29 de setembro.

Logo do seu debut en 2017, cun bo promedio de espectadores por sesión, Algures a Nordeste presenta un programa ecléctico e atrevido no campo da danza portuguesa contemporánea.

Victor Hugo Pontes, Paulo Ribeiro, Olga Roriz, Cláudia Martins / Rafael Carriço, Bruno Duarte e Daniel Cardoso son os coreógrafos invitados desta edición.

O diálogo con outros coreógrafos, autores, xéneros artísticos ou temas humanos é un dos aspectos que merecen ser mencionados neste programa. Paulo Ribeiro honra a Jiří Kylián, coreógrafo checo e un dos nomes fundadores da danza contemporánea. Olga Roriz evoca o mundo do cineasta Ingmar Bergman, con motivo do centenario do seu nacemento, nunha creación coproducida polo festival. Victor Hugo Pontes parte de A Gaivota, de Chékhov, para construír un espectáculo conmovedor e dunha beleza arrebatadora. O Quorum Ballet usa o fado e a guitarra portuguesa en vivo para falar de ‘saudade’ á moda lusitana. A Compañía de Danza de Almada trata doutro sentimento, o medo, universal e esencial. Vortice Dance Company sonda o universo e o futuro en compañía de astronautas, nun espectáculo cunha forte compoñente multimedia (video interactivo, mapeado de escenarios).

O programa de Algures a Nordeste queda como segue:

 

Sábado 8

21:30 Walking with Kylian, da Companhia Paulo Ribeiro, no Teatro Municipal de Bragança.

21:30 Se Alguma Vez Precisares da Minha Vida, Vem e Toma-a, de Victor Hugo Pontes, no Teatro de Vila Real.

Mércores 12

21:30 A meio da noite, da Companhia de Olga Roriz, no Teatro de Vila Real.

Venres 14

21:30 Se Alguma Vez Precisares da Minha Vida, Vem e Toma-a, deVictor Hugo Pontes, no Teatro Municipal de Bragança.

Sábado 15

21:30 Walking with Kylian, da Companhia Paulo Ribeiro, no Teatro de Vila Real.


Publicidade

Mércores 19

21:30 A meio da noite, da Companhia de Olga Roriz, no Teatro Municipal de Bragança.

21: 30 Home 2.0, da Vortice Dance Company, no Teatro de Vila Real.

Venres 21

21: 30 Home 2.0, da Vortice Dance Company, no Teatro Municipal de Bragança.

Mércores 27

15:00 Fobos, da Companhia de Dança de Almada, no Teatro Municipal de Bragança.

Xoves 27

21: 30 Saudade, de Quorum Ballet,no Teatro de Vila Real.

Sábado 29

21: 30 Saudade, de Quorum Ballet,no Teatro Municipal de Bragança.

16:00 Fobos, da Companhia de Dança de Almada, no Teatro de Vila Real.

 

Na imaxe: Se Alguma Vez Precisares da Minha Vida, Vem e Toma-a, de Vitor Hugo Pontes. Foto: José Caldeira.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DeputaciónLugo |

A Deputacion de Lugo abre unha liña de axudas para o teatro profesional

Ultranoite |

Volven as Ultranoites de Chévere