TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s)

TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s) que puxo en marcha este ano da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza Fernández.

Trátase de compartir as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea na actualidade, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2018. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadores activos.

As prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas poden inscribirse enviando unhas liñas de motivación por correo electrónico a trcdanza@gmail.com ata o luns 16 de abril. A inscrición farase en calquera caso por orde de chegada das solicitudes.

Máis información aquí.

Deixar unha resposta