in

‘Il pirata’ de Bellini estréase este sábado na Coruña

bellini |

Este sábado 8 de setembro, ás 20:00, e para conmemorar o 250 aniversario da fundación do primeiro teatro de ópera da cidade, un fito que marcou o inicio da actividade musical na Coruña, Amigos da Ópera pon en escena, por primeira vez, Il pirata, un dos títulos menos representados de Vincenzo Bellini, por mor da dificultade de atopar un elenco que lle faga xustiza. De feito, este foi un dos títulos que alicerzou a lenda de María Callas, responsable de rescatalo para a escena a mediados do século XX.

O elenco está encabezado pola soprano Saioa Hernández, que vén de alcanzar grandes triunfos en Francia (Francesca da Rímini), Italia (Tosca, La Gioconda, Il Trovatore), e Suiza (Guillaume Tell), un ascenso que culminará o próximo mes de decembro ao inaugurar o próximo mes de decembro a tempada de La Scala de Milán. Xunto a ela, o tenor Josef Kang estréase aquí despois do seu recente éxito na Ópera de Múnic co difícil papel de Arnoldo en Guillaume Tell. Completa a terna de protagonistas o barítono Juan Jesús Rodríguez, antes do seu regreso ao Metropolitan de Nova York para encarnar o Ford de Falstaff, un papel que xa abordara con anterioridade na Coruña.


Publicidade

Un dos máximos especialistas en belcanto de hoxe, asiduo de citas como o Rossini Opera Festival de Pésaro, o maestro Antonello Allemandi, estará á fronte do Coro Gaos e a Sinfónica de Galicia. Despois do éxito do seu recente Barbeiro de Sevilla, o reputado director galego Xosé Manuel Rabón, posuidor dunha longa traxectoria no ámbito teatral, asinará a posta en escena da ópera que inspirou a Wagner e a Donizetti.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eroskiparaiso3 |

Jorge Coira filma a versión cinematográfica do ‘Eroski Paraiso’ de Chévere

Asocs |

As asociacións profesionais apoian a manifestación a prol dos medios públicos