O Festival das Núbebes chega á súa sexta edición

As dúas últimas fins de semana de setembro, en diferentes espazos da cidade de Pontevedra, celébrase a sexta edición do Festival das Núbebes, unha proposta que reúne unha selección de espectáculos de artes escénicas orientados especialmente aos bebés (de 0 a 6 anos) e as súas familias.

Durante estes cinco días, a cidade volverá ser o centro de atención do público familiar con espectáculos de teatro, danza e música destinados a menores de tres anos. Este ano, aos escenarios xa tradicionais de Teatro Principal, a Casa Azul, a Casa das Campás e a praza do Teucro, súmanse dous espazos para albergar espectáculos: o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) e a sede social do Casino Mercantil.

As actividades comezarán o venres 21 coa inauguración do ciclo coa presenza do personaxe Roque e artistas convidados, a partir das 18.30 horas no Teatro Principal. Os espectáculos dos seguintes días contarán con varios pases para dar facilidades ao público.

O programa será o seguinte:

 

VENRES 21 DE SETEMBRO

Inauguración con Roque e artistas convidados. 18:30 h. Teatro Principal. Entrada de balde.

 

SÁBADO 22 DE SETEMBRO

Durme Roque durme. Baobab Teatro. 12:15 h. e 17:45 h. Teatro Principal. A partir de 1 ano. Entrada: 2,5 €.

Bichocas. Atenea García. Contos e obxectos. 11:15 h., 12:45 h., 17:15 h. e 18:45 h. Casino Mercantil Pontevedra. De 0 a 3 anos. Entrada: 2,5 €.

Redondo. Caramuxo Teatro. 12:30 h., 17:00 h. e 18:30 h. Casa Azul, sala Almofrei. De 6 meses a 3 anos. Entrada: 2,5 €.

Do Re Mi, cantamos porque Si. Elena Paz. Obradoiro de música. 11:30 h., 17:30 h. e 18:45 h. CITA. De 1 a 5 anos. Entrada de balde.

 

DOMINGO 23 DE SETEMBRO

Historias con Candela. Eugenia Manzaneira. Contos, enredos e cancións. 12:30 h., 17:30 h. e 18:45 h. Casa das Campás. De 6 meses a 5 anos. Entrada: 2,5 €.

A voz da pel. María Bernárdez Pérez. Obradoiro de masaxe. 11:45 h., 17:00 h. e 18:30 h. Casino Mercantil Pontevedra. De 4 a 12 meses. Entrada de balde. Ideal traer manta ou toalla e aceite que se use habitualmente co bebé.

Puño Puñete. Baobab Teatro [na foto]. Música e contos. 12:15 h., 17:15 h. e 18:30 h. Teatro Principal. De 0 a 6 meses. Entrada: 2,5 €.

Zumes supervitaminados. ASEII e Anedia. Obradoiro de Cociña. 11:15 h. e 13:15 h. Casa Azul. De 2 a 4 anos. Entrada de balde.

 

SÁBADO 29 DE SETEMBRO

A pitiña Cocoricoricoricó. Charo Pita. Contos. 11:45 h., 17:00 h. e 18:00 h. Casa das Campás. De 8 meses a 3 anos. Entrada: 2,5 €.

A miña primeira viaxe. Xarope Tulú. Teatro e obxectos. 12:30 h., 17:15 h. e 18:15 h. Casa Azul. De 2 a 7 anos. Entrada: 2,5 €.

O sol sempre chega. Amencer. Conto vivenciado. 17:45 h. e 18:45 h. Casino Mercartil. De 0 a 6 anos. Entrada de balde.

 

DOMINGO 30 DE SETEMBRO

Levántate Xan!!!. Caxoto. Contos. 11:00 h., 12:00 h., 17:15 h. e 18:15 h. Casa das Campás. De 8 meses a 4 anos. Entrada: 2,5 €.

Vaiamos de picnic polo campo. Iria Carrera. Oiga para nenos/as. 11:30 h., 17:00 h. e 18:00 h. Casa Azul. De 3 a 6 anos. Entrada de balde.

Guerra de almofadas. 13:15 h. Praza do Teucro. Os participantes (pequenos e grandes) deberán traer o seu colchón ou almofada. Público familiar.

Hakuna Matata. Troula Animación. Espectáculo de rúa. 12:30 h. Praza do Teucro. Público familiar.

Concerto: No país do vento e clausura con Roque. Charo Pita. Teatro Principal. Público familiar. Entrada: 2,5 €.

Deixar unha resposta