in

O XIX Ciclo de Lied de Santiago comeza hoxe cunha microópera

Amorevidademuller |

O XIX Ciclo de Lied, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Compostela (ADOC) para o Concello de Santiago e coa colaboración da Deputación da Coruña, arrinca hoxe martes no Teatro Principal de Santiago ás 20.00 horas coa microópera Amor e vida de muller, cuxo gran protagonista será Robert Schumann. A proposta escénica, formulada polo artista multidiscilplinar malagueño Nicolás Augusto, integra dous célebres ciclos do compositor xermano –Amor e vida de muller (1840), composto para piano e soprano, e Escenas do Bosque (1849), formulada para piano- para compoñer unha microópera cunha dramaturxia creada ex profeso a partir do sentido subxacente que destila a liña pianística do ciclo que dá título ao espectáculo.

A proposta está conducida a facer reflexionar sobre o amor romántico, levado até o punto da negación do “eu” e en favor da entrega incondicional á parella e as implicacións patolóxicas que poden arrastrar, así como a aceptación ou rexeitamento que provoca no público contemporáneo. A soprano armenia Hasmik Nahapetyan, os actores María Cervantes e Juan Francisco Contreras e a pianista Mª Teresa García Molero, serán os intérpretes desta microópera.

Preséntase así unha obra intimista que nos achega á realidade dunha moza burguesa de mediados do século XIX que vive obesionadamente do seu marido, o cal parte á guerra poucos días despois do matrimonio. A perda e a soidade empúrrana a un desequilibrio emocional e mental que nos amosa a cara destrutiva do amor romántico no que foi educada e do que é vítima.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PuñoPuñeteBaobab |

O Festival das Núbebes chega á súa sexta edición

CualquierMañana |

IV edición do Festival Quincegotas na Coruña