O FIOT de Carballo ofrece este ano corenta e un espectáculos

O programa da 27ª edición pon especial atención en demostrar aos afeccionados xóvenes que o teatro é intemporal. Participarán compañías de Arxentina, Castela e León, Cataluña, Galicia, Guinea Ecuatorial, Madrid, País Vasco, Suiza e Valencia.

 

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron este xoves o programa oficial e a imaxe da XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá entre o 28 de setembro e o 31 de outubro.

O programa inclúe 41 espectáculos, dos que 12 son estreas en Galicia e 3 son estreas absolutas. O festival acollerá compañías das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Valencia, e tamén compañías estranxeiras, de Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suíza.

Este ano o festival xira arredor de tres eixos principais: a igualdade, o ocio e a incorporación dos mozos ao mundo do teatro. Nesta edición os organizadores teñen posta a mirada en atraer aos mozos que naceron co cambio de século e que agora están a acadar a maioría de idade. Con esa finalidade programaronse espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados millennials ou xeración Z.

O FIOT tamén acollerá o teatro que están a facer as novas xeracións de actores, dramaturgos e directores. Segundo subliña a organización: «Nós facemos público, é o noso compromiso; confiamos en que as novas xeneracións se vexan representadas e que o FIOT non lles resulte alleo. Que sexan os nosos “followers”.

 

Teatro de Sala no Pazo da Cultura

Na estrea da programación de sala, o 7 de outubro, representarase a obra Future Lovers do grupo madrileño La Tristura, compañía considerada como unha das máis interesantes do teatro contemporáneo español.

A seguinte cita de sala será o día 11 de outuro con Crimen y Telón, dos madrileños Ron Lalá, peza e homenaxe ao teatro universal; a compañía recibiu no ano 2016 o Premio do Público do FIOT coa obra Cervantina.

A terceira representación será Playoff por La Joven Compañía, un traballo escénico que foi recoñocido co Premio El Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España.

O 13 de outubro chegará a Carballo a obra Fedra de Pentación Espectáculos, que vén avaliada polas boas críticas e que ten no seu papel protagonista a Lolita Flores, que case que con toda seguridade será a partipante máis popular no festival carballés.

Dentro da programación de sala tamén se representará a obra PSS PSS da suiza Compagnia Baccalá; Iphigenia en Vallecas, de Serana Producciones; Commedia, de Contraproducións; El Tratamiento, de La Abucción e Buxman Producciones; Un enemigo del pueblo, de El Pavón Teatro Kamikaze; e La Valentía” da compañía Lazona.

No programa da XXVII edición do FIOT contase con moitos dos imprescindibles da escena actual, ofertas que achegan novas perspectivas, que arriscan e que son orixinais nas suas creacions.

Carballo será o escenario de obras de Paco Becerra, Luís Luque, Celso Giménez, Borja Fernández, Marta Buchaca, Tito Asorey, Alfredo Sanzol…

A estrea do certame a protagonizará La Trócola Circ, de Valencia, con su Emportats, que forma parte das ofertas programadas dentro das actividades do Teatro na Rúa.

Entre as ofertas galegas compre subliñar a presenza do director Tito Asorey, un dos directores máis destacados da comunidade e que asina a dirección da obra Somos criminais, interpretada por Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

 

IX OTNI

O OTNI é o espazo de representación alternativo do FIOT, o máis vivo e creativo porque a súa razón é a innovación. Este ano no OTNI os espectadores poderán ver La tristeza de los ogros, do Teatre Lliure, Salvador, de Borja Fernández, e Wasted, de Íntims Produccións.

 

XX Rúa dos Contos

Nesta edición ás rúas terán aires internacionais coa presenza de compañías de Guinea e Arxentina. Tamén estarán algúns dos clásicos e os chamados emerxentes. Haberá estreas e algunha existosa reposisción.

Os espectadores poderán disfrutar con Avelino González, Marcos Pereiro, Peter Punk, Manoliño Nguema, Víctor Grande, Lupe Blanco e Bieito Lobariñas, Lois Pérez, Cándido Pazó, Las Antonias, Chanson Mormón, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran.

O fin de festa da Rúa dos Contos será responsabilidade de Monoulious Dop, unha das formacións musicais máis alternativas do rock actual.

 

Teatro nas rúas

Un ano máis o teatro estará presente en toda a cidade, tamén nas rúas e prazas de Carballo con espectáculos para todos os públicos.

Inaugurará os valencianos de La Trócola Circ coa obra Emportats, e haberá representacións das compañías Cair Circo, Maintomano e Antón Coucheiro.

 

II Certame de Microteatro Metro Cadrado

O FIOT acolle por segundo ano o certame Metro Cadrado. Unha nova forma de gozar do teatro sen barreiras, con intensidade, pois o público pode mirar aos ollos ás persoas que dan vida a ficción.

Este ano o certamen dará comenzó o sábado 13 de outubre coas obras Mi bici e Pan, de M+1 (Teatro Circo Danza) e Helena Salgueiro, dúas estreas absolutas.

Tamén haberá actuacions de Faunos, Diego M. Buceta, Tukumpás Teatro e Moito Morro Teatro.

 

En paralelo

A 27ª edición do FIOT completase con FIOTIÑO, programación especial para nenos e nenas con “Noite branca no teatro” e máis o XVIII Concurso Escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís.

Tamén haberá unha programación especial para os adolescentes, que é unha das novidades desde ano. As poetas Lucía Aldao e María Lado representarán o seu espectáculo Movidas de Poesía nos institutos de Carballo. Unha representación que mestura poesía, música e humor.

Compre destacar tamén os espazos para exposicións e gastronomía, e máis o obradoiro e a escola do espectador, onde se celebrarán encontros entre espectadores e membros de grupos teatrais.

 

Deixar unha resposta