Tres compañías no Festival Monecadas de Brión

O Festival Monecadas fai cinco anos. A iniciativa de Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión traerá este ano á carballeira de Santa Minia tres compañías: Títeres Cachirulo, Viravolta Títeres e Fantoches Baj, que presentarán tres funcións e un obradoiro de monicreques dirixidos á infancia os días 21, 22 e 23 de setembro.

A programación comeza o venres 21 de setembro, ás 18:00, cun obradoiro de monifates a cargo de Títeres Cachirulo. A seguir, ás 19:30, os monicreques de Viravolta presentarán a historia de O galo Quirico e os seus amigos.

O sábado 22 de setembro, Títeres Cachirulo presenta A cabeza do dragón, unha divertida adaptación da obra de Valle Inclán, ás 13:00. E o domingo 23, á mesma hora, os monicreques de Fantoches Baj pecharán o festival coa obra Tío Miseria, no marco das actividades da I Feira Labrega.

En todos os casos, a entrada será de balde.

Deixar unha resposta