in

O XXIII Festival Galicreques estende a programación a Vigo e A Coruña

Home |

O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que, con máis de 25 espectáculos, contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Brasil ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. Paralelamente, a súa programación estenderase ás cidades de Vigo e da Coruña, cun total de dez funcións.

Deste xeito, a coruñesa Sala Gurugú acollerá cinco representacións nas fins de semana do 13 ao 14 e do 19 ao 21 de outubro. Pola súa banda, a Sala Ártika de Vigo acollerá outras tantas montaxes nas mesmas datas. O festival organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde reedita así un ano máis o seu compromiso de levar a escena de títeres ao maior número de espectadores posible non só en Santiago de Compostela, senón tamén noutras cidades de Galicia.

 

Publicidade

Programación na Coruña

A programación na Sala Gurugú (Rúa Agra do Orzán, nº3) comezará o sábado 13 de outubro ás 18:30 coa obra Los tres cabellos de oro de Don Gruñón, da formación venezolana La Pareja. O domingo 14, ás 12:30, será a quenda do grupo ecuatoriano Titiritainas e o seu El Alguacil Buñuelo. O grupo La Pareja repetirá o venres 19 ás 18:30 coa súa montaxe Rapsodia de Lujuria y cuernos. Xa o sábado, á mesma hora, a compañía arxentina Tres Tigres Teatro ofrecerá a súa obra ¡Serenateros! A Sala Gurugú despedirá o Festival Galicreques o domingo, ás 12:30, coa sesión matinal que correrá a cargo dos colombianos Arlequín y Los Juglares, que lles presentará aos espectadores El Arbol de sombreros.

 

Programación en Vigo

A Sala Ártika albergará o sábado 13 de outubro ás 18:00 a función de En una canasta, ofrecida pola formación arxentina Ulularia Teatro. Ao día seguinte, á mesma hora, terá lugar a representación de El oso que no lo era, dos mexicanos de Mano y Contramano. Xa o venres 19 de outubro, ás 21:30, o grupo madrileño Mazzú Teatro escenificará a súa proposta Home [na foto]. O sábado 20, os ecuatorianos de Titiritainas trasladaranse a Vigo para dar a coñecer a súa obra El alguacil buñuelo ás 18:00. Como peche da extensión Galicreques na cidade olívica, a compañía arxentina Chachakün porá o ramo coa función de Un secreto increíble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Airiños85 |

O grupo Airiños de Rianxo celebra 85 anos de existencia

MedeaenCamariñas |

Laiovento publica o primeiro teatro de Andrés Pociña