in

Positivas publica ‘Da avaricia, a luxuria e a morte’, de Valle

VallePositivas |

VallePositivasCapa |Edicións Positivas publica Da avaricia, a luxuria e a morte, a versión que Teatro do Noroeste fixo do Retablo da avaricia a luxuria e a morte de Valle Inclán, en versión de Manuel Guede.

Con este conxunto de tres pezas, ao que lle faltan Sortilexio e O embruxado para completar o Retablo, Positivas prosegue o seu labor de anosar a obra dramática de Valle Inclán.

A cabeza do Bautista e A rosa de papel disque deben ser consideradas como “melodramas para marionetas”, mentres que Ligazón debería ser amentada como “auto para siluetas”. O que aquí, en realidade, prevalece é a maquinaria da morte conducindo contornos, monifates, estadeas, siluetas, marionetas… seres no trance de ser devorados irremediablemente no medio dun escenario en cinzas.

Publicidade

Positivas xa publicou, na colección O Papel do Teatro, en colaboración co Centro Dramático Galego, outros dous volumes dedicados á versión da obra de Valle Inclán: Martes de Carnaval e Divinas Palabras Revolution.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RichterAmKönigsweg |

Rolda Internacional: 6 / 10 / 2018

OtiPerlio |

‘O Novo Teatro Galego en Perlío’, novo libro de Francisco Oti