Inauguración da colección bibliográfica de Xoán Manuel López Eirís en Carballo

Hoxe, martes, día 9 de outubro terá lugar o acto inaugural da exposición bibliográfica dunha selección do fondo de máis de 2000 volumes doado ao Concello de Carballo por Xoan Manuel López Eirís. A inauguración terá lugar ás 19:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa.

Asistirán a familia de López Eirís, o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, o Concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, e o Presidente da Asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro. Tamén confirmou a sua asistencia o dramaturgo Manuel Lourenzo, quen nos vindeiros días será nomeado Xograr de Outono 2018 do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.

Xoán Manuel López Eirís, escenógrafo e actor de Carballo, foi un dos impulsores, animadores e membros activos do moderno teatro independente de Galicia. López Eirís participou na creación da Escola Dramática Galega. Tamén realizou traballos co Teatro Circo, coa compañía Luis Seoana e estivo moi relacionado con Casa Hamlet, colaborando estreitamente con Manuel Lourenzo. En 1981 escribiu o ensaio O teatro de ópera chino”.

A colección conta con máis de 2000 volumes con edicións facsímiles. Obras clave en diversas línguas, moitas de ámbito teatral: escenografía, vestiario, maquillaxe, ópera, baller ou cine. Tamón conta con obras dos clásicos do teatro, teatro galego e internacional.

Este material foi doado por Xoan Manuel Eiris ao Concello de Carballlo para a súa custodia na Bibiloteca Rego da Balsa da localidade.

Deixar unha resposta