in , ,

O Fiot entrega o Xograr de Outono a Manuel Lourenzo nunha fin de semana ateigada de teatro

iphigeniaEnVallecas |
Esta fin de semana no FIOT, a compañía suíza Baccalà estrea en Galicia Pss pss, represéntanse Commedia de Contraproducións e Iphigenia en Vallecas de Serana Producciones, continúa o ciclo Metro Cadrado e entrégaselle o Xograr de Ouro a Manuel Lourenzo.

 

A compañía suíza Baccalà estrea en Galicia o espectáculo Pss pss, esta fin de semana no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), tras triunfar en máis de 50 países e gañar quince premios internacionais, incluído o prestixioso galardón do Cirque du Soleil.

Pss pss presentarase o vindeiro venres día 19 de outubro no Pazo da cultura, ás nove da noite, dentro da programación de sala do FIOT. O espectáculo é unha montaxe rebosante de creatividade e enxeño que sen palabras transporta ao público á inocencia da infancia.

Publicidade

A obra presenta a unha parella de “clowns” cuxos membros sosteñen un duelo xerando situacións ora cómicas ora serias, pero sempre inocentes. Todo canto din, insinúan ou dan a entender os dous actores comunícano a través do idioma universal dos xestos: a arte da mímica, do que Marcel Marceau foi un dos seus máximos exponentes.
Os protagonistas e creadores de Pss pss son Simone Fassari e Camila Pessi, formados na Escola de Teatro Dimitri (Suiza).

Tamén o venres e dentro do ciclo OTNI do FIOT poñerase en escena o espectaculo Salvador, de Borja Fernández, no Pazo da Cultura ás dez e media da noite. Trátase dunha obra cuxo guión está centrado na figura dos galegos que emigraron. A metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, destaca a combinación de texto e movementos coa música en directo e o uso de novas tecnoloxías.

Ao día seguinte, sábado 21 de outubro, o FIOT seguirá o seu andadura con dous novos espectáculos do ciclo Metro Cadrado. O primeiro, Antes que nada, de Faunos, representarase no Corredor do Pazo da cultura en varios pases: á unha, unha e media, sete e sete e media. Paralelamente, na galería de arte Manolo Eirín o público dispoñerá doutra oferta: As vacacións máis longas, espectáculo de danza contemporánea do bailarín Diego M. Buceta.

O prato forte do sabado será a representación no Pazo da Cultura de Iphigenia en Vallecas, de Serana Producciones, protagonizada por María Hervás. A obra versa sobre a vida dunha moza que sobrevive sen recursos e que nin estuda, nin traballa nin sabe que facer coa súa vida.

O domingo a programación do FIOT ten unha cita especial ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura para entregar o Xograr de Outono ao dramaturgo Manuel Lourenzo, en recoñecemento a unha vida adicada ao teatro.  Inmediatamente despois, tamén no Pazo da Cultura, será escenificada Commedia, de Contraproducións. Un espectáculo de humor, acrobacias e música en directo, todo iso trufado de divertidos equívocos e enxeñosos enredos: «Un xoguete escénico no que os cómicos, como fai 25 anos, non teñen outra intención que divertirse divertindo», subliñou o seu director, Cándido Pazó.

O mesmo domingo, no marco do espazo do FIOT Café con… e ás sete da tarde, o director de Commedia comparecerá na sala de TV do Pazo da Cultura para intercambiar opinións e impresións cos afeccionados ás artes escénicas e o público en xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eroski paraiso |

Chévere inicia na Coruña a xira de despedida de ‘Eroski Paraíso’

Directo9 |

Directo 9