in

Presentación do Premio “Laudamuco” de textos teatrais

RobertoVidalBolaño |
| Foto: Quique Alvarellos |

 

Este mércores 24 de outubro, ás 12:00, no Consello da Cultura Galega, será presentado publicamente o premio “Laudamuco” de textos teatrais, que honra a memoria de Roberto Vidal Bolaño. O acto correrá a cargo dos seus promotores: José Luís García García, Alcalde do Concello de Brión; Imma Antonio Souto, Presidenta da Academia Galega de Teatro e Francisco Macías de Edicións Positivas, quen presentarán as bases de convocatoria do premio.

Ao premio “Laudamuco” poderá presentarse calquera autora ou autor en lingua galega con obra dramática inédita e o premio terá unha dotación económica de 7.000 euros, ademais de asegurar a publicación da obra gañadora en Edición Positivas. O xurado será nomeado polo Concello de Brión a proposta da Academia Galega de Teatro.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Raclette018 |

Fundación SGAE publica ‘Raclette’, de Santiago Cortegoso, en edición bilingüe

teatroexpress |

A Fundación SGAE anuncia a segunda convocatoria de Teatro Autor Exprés 2018