in

Elefante Elegante abre hoxe a Mostra de Teatro de Malpica

elefante |

A Mostra de Teatro de Malpica chega hoxe á súa 14ª edición cun cartel no que teñen cabida compañías galegas de todo tipo e con espectáculos para todas as idades.

A Mostra arrinca hoxe coa Danza da choiva de Elefante Elegante, gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017. Especialmente recomendada para nenas e nenos de 3 a 10 anos, será a encargada de abrir a cita de Malpica coa escena.

Para a cativada, este ano tamén haberá teatro musical: Xoán Curiel e a Banda do Verán estarán no Centro Cívico o vindeiro 2 de novembro con A casa do terror, para nenos e nenas de 4 a 12 anos que queiran celebrar o Samaín dun xeito moi especial, animado e divertido.

Entre 6 e 12 anos sitúase o público preferente do seguinte espectáculo, Sopa de sapo de Talía Teatro, que acode unha vez máis á Mostra, neste caso cunha comedia interpretada por María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto. Será o día 9 de novembro.

A Mostra tamén pensa no público adolescente e adulto, destinatario doutras tres propostas deste outono teatral. O venres 16 de novembro, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei únense no espectáculo de Culturactiva Falar sen cancelas.


Publicidade

O venres seguinte, día 23, Malasombra Producións –que obtivo a mellor valoración do público nos anos 2014, 2105 e 2016– chegarán nesta ocasión con O caso é ter saúde, para maiores de 16 anos.

A Mostra de Teatro pecharase con Contraproducións –compañía gañadora da valoración do público o ano pasado– coa fabulación dramática Fillos do Sol, coa que foi finalista no María Casares deste ano na categoría de mellor texto orixinal. A sinatura é de Cándido Pazó, e a inspiración, de Eduardo Pondal.

As funcións celebraranse ás 20:30, no auditorio do Centro Cívico.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vanesa contramateria Foto Humberto Valladares |

Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña

MexePorto |

MEXE 2019 xa ten datas e vai discutir o Común