Lecturas Dramatizadas de Julio Fernández, Jose Prieto e Esther F. Carrodeguas na SGAE

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Fundación SGAE coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza neste mes de novembro o Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e estimular a creación de textos en galego.

Todas as lecturas son de acceso gratuíto e levaranse a cabo coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que organiza a Fundación SGAE dende 1995 en todo o estado, ten a singularidade de reunir a autores, intérpretes, directores, produtores e público, na gran maioría das propostas, arredor dunha experiencia única: a estrea dunha obra nunca antes representada e ensaiada ese mesmo día. Ao longo das súas 21 edicións precedentes, o ciclo acolleu máis de 250 textos de máis de 200 autores para un público de máis de 25.000 persoas en todo o estado.

Así queda a axenda de representacións na sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvada 2A, s/n), todas de acceso gratuíto:

 

Martes 6 de novembro
Os bólidos do esquecemento, de Julio Fernández.
Director: Julio Fernández.
Intérpretes: Catuxa Leira, César Goldi, Déborah Vukusic, Machi Salgado e Xosé Manuel Esperante.

Xoves 8 de novembro
Malcriada. Unha historia de amor, de Esther F. Carrodeguas.
Director: Esther F. Carrodeguas.
Intérpretes: Belén Constenla.

Mércores 14 de novembro
Culpable, de José Prieto.
Director: José Prieto.
Intérpretes: César Goldi, Roberto Leal e Victoria Teijeiro.

 

Deixar unha resposta